Feijóo sobre o cambio de fuso horario: “Eu non son portugués, son español”

O presidente da Xunta considera “ridículo” que no Estado existan varios fusos horarios diferentes e suliña que debe ser “único” para todos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

“Eu non son portugués, son español e non vou copiar un fuso horario diferente ao meu”. Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a posibilidade de que se cambie o fuso horario.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Esta proposta, defendida pola  Arhoe, a Comisión Nacional para a Racionalización de los Horarios, e asumida por C's no seu programa electoral, está comezando a abrir debates no conxunto do Estado. Hai uns días, o Parlamento balear aprobaba unha resolución na que pedía ao Executivo de Madrid que non se cambie a hora nas illas porque afecta ao turismo.

Neste sentido, e preguntado por GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo desbotou esta idea e insistiu en que “España debe ter un fuso horario único”. Así, criticou que os baleares ou algúns partidos galegos –en alusión ao BNG e Anova-- queiran ter horas diferentes ao do conxunto do Estado. “Non estou para nada de acordo”, insistiu.

Así, sinalou que España é un “pais mediano” da UE e que non se pode comparar con EE.UU ou Europa, onde hai distintos fusos horarios. “É ridículo que haxa fusos horarios diferentes nun país como o noso”, aclarou.

“Pódese estudar a nivel xeral”

Con todo, Feijóo non se opón a que se abra un debate sobre un cambio de hora en todo o Estado, tal e como propón Ciudadanos. Unha idea á que se sumou tamén o PSOE e tamén o propio PP. “Pódese estudar e se hai un debate que afecte ao conxunto do Estado, pois perfecto, pero outra cousa é dividir o país en fusos horarios. Xa me opuxen durante o bipartito e tamén me opoño agora”, concluíu.

Sobre esta cuestión, o científico Jorge Mira, nunha entrevista en GC, destacou que sería “irrelevante” cambiar o fuso horario actual e criticou aos “grupos de poder”, en alusión a Arhoe, pola súa insistencia en introducir esta cuestión na axenda dos partidos políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

3 Berenguela

Em realidade o fuso espanhol castiço detodalavida é o português, o atual espanhol foi importado da Alemanha n*zi para sincronizar os relógios com Berlim. Em realidade está a dizer: "eu não sou espanhol, sou n*zi".

2 Lorenzo

Feijóo, por favor, chama xa a Obama e dille que é un iñorante e que está a facer o ridículo, que deben ter unha soa zona horaria e que o Sol debería saír en todo o país ao tempo, coma no teu. De paso aclaralle tamén que as vacas todas teñen nome de muller e tetas porque son todas femias, que ti xa o sabías.

1 Aquel

Ergo, os canarios son portugueses.