O faisán

Dende que en maio do ano 2006, se producira o presunto “chivatazo” que recibira Joseba Elosua, propietario do Bar Faisán de Irún, presunto membro da rede de extorsión de ETA, que o alertaba dunha redada, como cal paxaro que volta pola primavera, xurde con máis forza e, sobre todo, con máis liorta política, o coñecido como o caso Faisán.

Por José Freire | Pontevedra | 26/01/2010

Comparte esta noticia

Cintas de vídeo borradas ou desaparecidas, varios mandos policiais interrogados como testemuñas ou imputados, incluído o propio ex Director Xeral da Policía, Víctor García Hidalgo. Intervencións do Xuíz Grande Marlaska ou de Baltasar Garzón. Investigacións da Unidade de Asuntos Internos da Policía. O PP que se quere persoar na causa. Liorta entre o Director Xeral da Policía, o Director Axunto Operativo, o Comisario de Información e outros mandos da xunta de Goberno do C.N.P.. Todo elo máis parece froito dun guión cinematográfico que da propia realidade dun País que debe rexerse por un estado de dereito.

Nesta situación, non procede pechar este asunto sen esgotar tódalas vías de investigación para chegar a coñecer toda a verdade sobre os autores e indutores dun grave atentado contra o estado de dereito e contra a dor de moitas vítimas da banda terrorista, entre as que se atopan moitos policías. De non facerse así, suporía pechar en falso o capítulo máis lamentable que implica á Policía na loita contra ETA.

De aí que dende o Sindicato Unificado de Policía rexeitamos o que se utilicen a funcionarios do Corpo Nacional de Policía como cabezas de turco para protexela responsabilidade de ningún político. Se algún policía incumpriu o seu deber e se prestou a semellantes argalladas, que o pague. E se algún político resulta implicado, como pode ser o caso do Sr. García Hidalgo, as consultas, comunicacións ou responsabilidades hai que buscalas antes en Ferraz, Moncloa ou no País Vasco, que nos superiores xerárquicos de Interior ou na propia policía.

Conclusión: o Faisán onde mellor está é na cazola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.