Funcionarios, pringaos

Por José Freire | | 12/06/2010

Comparte esta noticia

Que España está atravesando por unha enorme crise económica é unha verdade de perogrullo.

Que hai que facer algo para saír dela o antes posible e nas mellores condicións de cara ao futuro, tamén o é.

O que xa non resulta tan claro é sobre quén ten que recaelo peso de sacarnos adiante. O Goberno estimou que deberían ser os pensionistas e os funcionarios quen deberían facelo esforzo e ter a solidariedade necesaria para recuperala débeda que o noso País foi adquirindo ao longo dos derradeiros anos.

Sería pola miña banda un inconsciente se non me dera conta que esta medida resulta do agrado da opinión pública. E sen que sirva de precedente, nesta ocasión sinto levarlle a contraria.

Resulta inxusto pasarlle a factura da crise unicamente aos funcionarios e aos pensionistas. Non se trata de 80 ou 100 euros menos ao mes, que tamén, senón o converterse, unha vez máis, nos “pringaos” de turno. O que ninguén dubidará é que non foron os causantes da actual situación.

Naquelas épocas de esplendor económico e do ladrillo, un encofrador duplicaba en salario a un técnico superior da administración. Había que pedir vez para que un fontaneiro viñera á casa. Miles de persoas, sen oficio nin beneficio, montaban unha empresa, xeralmente de construción, e se forraban. Moitos xoves abandonaban os estudos e se ían a Canarias a traballar á construción con grandes salarios, presumindo logo de bos e caros vehículos. Uns, de forma corrupta, facíanse con grandes fortunas. E outros seguían defraudando á facenda pública (chegamos a alcanzar o 23% do P.I.P.). As administracións públicas cometían grandes despilfarros. Sirvan de exemplo as 69 “embaixadas” no exterior da Generalitat de Cataluña ou as subvencións con destinos tan peregrinos e absurdos como os 28.810 euros concedidos aos Gays e Lesbianas de Zimbabwue (ver o BOE nº 195 de 13 de agosto de 2009).

Namentres isto ocorría e a economía crecía ao 4%, os funcionarios apenas mantiñan o poder adquisitivo, con subidas do I.P.C que nunca superaron o 2%. Sirva como dato obxectivo que dende o ano 1982 os funcionarios perderon máis do 45% do seu poder adquisitivo. Uns “pringaos”.

No que atinxe ao sector da seguridade pública, o Goberno financiaba, con grandes cantidades, ás policías autonómicas vasca e catalana, namentres os policías e gardas civís comprobaban como as diferenzas retributivas con estes corpos se facían cada vez máis grandes. Uns “pringaos”.

E agora resulta que estes “pringaos” deben pagalos efectos de aqueles excesos. O médico, o xuíz ou o mestre que se sacrificaron durante varios anos en oposicións terroríficas. O auxiliar administrativo que non chega a ser nin mileurista.

A un policía que se xoga a vida tódolos días por 1.400 € ao mes non se lle pode esixir máis solidariedade ca sociedade da que veu dando mostras durante tantos anos. Solidariedade que, en moitos casos, chegou precisamente ao extremo de entregala súa propia vida. A democracia española ten unha enorme débeda coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Entre tanto, os mesmos que nos meteron nesta catastrófica situación: banca, financeiros, especuladores e demais sinverguenzas, que camparon durante os derradeiros anos enchendo os petos a nosa conta, seguen especulando en bolsa e engordando con axudas públicas, que pagamos todos cos nosos impostos. Esta situación, ou o Goberno na ve, que é malo, ou é cómplice, que resulta vergoñento e intolerable.

Non fai falla xogar a adiviño pasa saber que o paso seguinte é recortar medios materiais para o desenrolo da función pública. No caso do servizo policial, carburante, vehículos, ordenadores, papel, etc., coas graves consecuencias que pode supoñer para a seguridade dos cidadás.

Seguro que entón a opinión pública porá o berro no ceo. Namentres, que se amolen os “pringaos”.

Porca miseria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.