Operación repesca

Teño que confesar que case que me había esquecido da súa existencia. Pero as novas destas datas fixéronme lembrar aquel home, xa maduro, con cara de boa persoa, cun traxe gris e sen garabata que, fai algo máis de vinte anos, tiven a ocasión de indicarlle que se espise para proceder ao seu cacheo, antes de ingresalo no calabozo, cousa que fixo, non sen antes escapárselle algún resto orgánico, posiblemente pensando no que se lle viña enriba. Tratábase de Manuel Charlín Gama.

Por José Freire | Pontevedra | 14/07/2010

Comparte esta noticia

Era o comezo dunha longa estadía na cadea, que está a punto de rematar en próximas datas. Aínda que, segundo o que puído transcender das investigacións policiais e xudiciais (está decretado o segredo do sumario), no desenrolo da denominada “Operación Repesca”, o clan que el lidera cachárono outra vez nas patacas.

Ao parecer, varios membros da súa familia, xunto con algún avogado e empresario, poden están involucrados no branqueo de capitais, ou o que é o mesmo, a adquisición, utilización, conversión ou transmisión de bens procedentes de actividades ilícitas, neste caso do narcotráfico, para ocultar ou encubrila súa orixe ou axudar á persoa que tivera participado na actividade delituosa a eludilas consecuencias xurídicas dos seus actos, así como a ocultación  ou encubrimento da súa verdadeira natureza, orixe, localización, disposición, movementos da propiedade ou dereitos sobre os mesmos.

Unha vez máis, cabe felicitar aos compañeiros que levaron a investigación, que podo asegurarlles non resulta tan doada como parece. Son moitos os atrancos, anos de investigación, os que tiveron que vencer e pasar os funcionarios policiais.

Pero merece a pena o esforzo.

Temos que impedir que os autores de delitos graves e execrables poidan gozar do froito das súas accións. Non so por cuestións morais, que tamén, senón para evitar o efecto tan pouco reeducador que conduce á sensación de impunidade.

Procurala descapitalización destas organizacións resulta positivo para evitar que unha parte dos beneficios se reinvista no proceso produtivo. É dicir, previr o financiamento de próximos delitos.

Non podemos esquecer o efecto que sobre a poboación ten esa posibilidade de alcanzar facilmente a riqueza. Por desgraza, nalgunhas zoas de Galicia, algúns mozos elixen dedicarse ao tráfico de drogas e non ao traballo, o estudo ou o esforzo, como método para alcanzala.

E para ilo a acción pública debe ir encamiñada a apoiar aos suxeitos  obrigados na implantación e mellora das medidas contra o branqueo de capitais. No eido financeiro son, principalmente, as entidades de crédito e as empresas de servizos de inversión.

Débese apoiar a investigación e a persecución das actividades de branqueo, enriquecendo as investigacións policiais e os procesos penais, con máis e mellores medios. Débese favorecela investigación patrimonial dirixida á localización de activos, xa que estes bens xustifican a actividade delituosa.

O fenómeno do branqueo de capitais non é un problema doméstico que poidamos atallar con medidas unilaterais. Debe ser un obxectivo primordial o fortalecer a acción internacional para mellorala efectividade dos sistemas anti-branqueo doutros países e xurisdicións.

“Don Manuel Charlín”, o mesmo que fai vinte anos, volveuna a cagar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.