A cultura do palote

Posiblemente moitos dos lectores non saiban o significado da acepción “palote”. Entre outros significados, a Real Academia da Lingua di que se trata de “cada uno de los trazos que suelen hacer los niños en el papel pautado, como ejercicio caligráfico para aprender a escribir”.

Por José Freire | Pontevedra | 08/08/2010

Comparte esta noticia

De aquí foi de onde tomou a policía a forma de levar a cabo ou contabilizalas actuacións dos funcionarios na rúa, en canto ao número de persoas identificadas, cacheadas, aprehensións de pequenas cantidades de droga.

Isto vale tamén para efectuar un control moi exhaustivo do traballo de cada un dos funcionarios. Non importa que a zona que se lle asigne para a súa vixilancia estea libre de delincuencia. O que realmente lle importa aos mandos policías é que se identifiquen a cidadáns ou se rexistren vehículos, aínda que non haxa sospeita algunha.

Así, nas grandes cidades, danse instrucións non senso de que se acuda ás bocas do metro e se identifiquen, por exemplo, a todas aquelas persoas cun cor de pel distinta á nosa. Isto, que parece unha aberración, ocorreu non fai moito tempo en Madrid.

E que, ademais, esta cultura do palote leva consigo un premio en metálico. Ao remate do ano, os funcionarios serán premiados economicamente en proporción aos resultados obtidos.

Nin que dicir ten que moitos funcionarios caen na trampa e, ante a posibilidade de obter uns ingresos a maiores para pasala costa de xaneiro, identifican a todo aquel que se pon diante, dándose o caso de que algunha persoa é identificada varias veces no mesmo día. E se enriba isto sucede cando che acaban de recortalo salario, hai que ter unha forza de vontade moi forte para non caer na tentación, esquecendo que estas identificacións, sen xustificación legal algunha, poden carrexar consecuencias moi graves para o propio funcionario e a súa familia.

Aínda así, teño que recoñecer que estes comportamentos son cada vez menos frecuentes entre os funcionarios policiais e, de feito, nestas derradeiras datas os medios de comunicación fixéronse eco da nova de que no se estaban a facer identificacións e cacheos rutineiros, masivos e aleatorios, sen que houbese xustificación legal ou sospeita algunha.

Esta política, que non é nova e que practicaron os distintos gobernos, serven para maior gloria dos responsables do Ministerio do Interior ou de algún mando zampaollas do poder.

Máis grave resulta cando detrás de esta cultura, se esconde un afán recaudatorio, como está a suceder co acoso ao que están sometendo aos membros da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e que ven de denunciar a Asociación Unificada da Garda Civil. E todo ilo como consecuencia dun descenso considerable de denuncias por parte dos membros da devandita Agrupación.

Ante esta situación, xa están intentando “incentivalos” con cartos. Curiosamente, recortan os salarios e agora hai cartos para isto.

De non conseguir os seus obxectivos, trasladarán á opinión pública que,os responsables do que se aveciña, serán os membros dos corpos de seguridade. E non hai que esquecer que foi o propio Goberno quen tomou unha serie de medidas que, co fin de reducilo déficit, van a afectar, e de que maneira, ao eido da seguridade.

Non apelen á responsabilidade dos funcionarios, advertindo de que, con estes comportamentos, vanse ver afectados os cidadáns. Non sexan necios. A maior parte da opinión pública é consciente das mostras de entrega e sacrificio que os membros dos corpos e forzas de seguridade veñen amosando día tras día, e moitas veces pagando coa súa propia vida.

¡Dios, qué buen vasallo, si oviesse buen señor!
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.