¡Que xenerosidade!

Aínda se escoitan, na Igrexa e no adro da Parroquia de Covelo, as verbas de Eva María, viúva de Jorge Piñeiro Hernández, garda civil morto polos disparos duns delincuentes que intentaban cometer un atraco nunha sucursal bancaria da Cañiza.

Por José Freire | Pontevedra | 22/08/2010

Comparte esta noticia



“ Pido que ayudéis un poco más a la Guardia Civil, que se lo merecen, y que le dotéis de más medios” foron algunhas das verbas que dirixiu ás numerosas persoas presentes, entre as que se atopaban, ademais dos compañeiros do falecido, diversas autoridades, algunhas delas relacionadas coa seguridade.

De seguro que, aos primeiros, todo o que estaban a oír lles soaba, salvo a algúns que, coas pecheiras enchidas de medallas, si que lles soaba pero non ía con eles. Aos segundos si lle soa, pero fan oídos xordos e tampouco vai con eles. Están cansos de escoitar ás asociacións da Garda Civil, é especialmente á Asociación Unificada de Gardas Civís, denuncialas condicións en que se desenrola o  traballo cotiá de moitos membros deste Corpo.

De seguro que Eva María, tamén o sabía, por iso o prego que lanzou aos asistentes. Cantas veces escoitaría ao seu home laiarse de que eran poucos no posto ou que non tiñan chalecos antibala para todos. Agora que xa perdeu ao seu compañeiro, que quedan tres fillos orfos, pouco lle poderían importalas condicións de traballo dos compañeiros do seu home. Pero unha vez máis, seguro que tivo moitas ao longo da súa vida en común, foi xenerosa na entrega da vida do seu home e o quixo seguir sendo cos que foron os seus compañeiros.

E todo ilo a pesar que xa era coñecedora das condicións nas que, ao parecer, acudiron os dous gardas civís ao lugar do atraco. Xa comezaron a xurdir dúbidas sobre a actuación dalgún mando da Benemérita no senso de advertirlles de que se trataba dun servizo que levaba risco, ou da falla de colaboración entre o Corpo Nacional de Policía e o Instituto Armado.

Existen datos contrastables de que esa colaboración existiu, polo que todo fai pensar que algún mando non cumpriu de forma axeitada co seu traballo. A reacción da Asociación Unificada de Gardas Civís non se fixo esperar e xa anunciou que vai demandala apertura dunha investigación para clarexar tódolos extremos, e se houbo algún tipo de neglixencia.

Quedan algúns interrogantes por clarexar: ¿Foron advertidos os dos gardas civís da posibilidade de que os delincuentes portasen armas?. ¿Porqué non levaban chalecos antibala?

Persoalmente non espero nada de estas investigacións internas, cando a persoa a investigar leva na ombreira máis dunha estrela de seis puntas, e non digo nada se a divisa é de oito. So a intervención xudicial podería proxectar luz sobre a responsabilidade na cadea de mando.

A ver cando o Ministerio do Interior se da conta de que os cuarteis, con poucos efectivos, catro ou cinco en moitos casos, non son nin operativos nin seguros. Moitos deles pechan polas tardes, noites e festivos. Resultaría máis efectivo unificalos nun so, cun maior número de efectivos e que cubrisen unha determinada comarca. Seguramente, neste caso, non irían so dous gardas civís ao atraco de A Cañiza.

Nas bágoas dos gardas civís, que portaban o cadaleito do seu compañeiro, había un sentimento de tristura pola perda dun amigo, pero tamén de impotencia ante unha situación que non ten visos de arranxarse, pola cerrazón da Administración.

Dende aquí, a miña solidariedade cos Compañeiros da Garda Civil, co que resultou ferido e, sobre todo, con esa viúva e cos seus fillos, que tan xenerosamente entregaron a vida do que máis querían polo servizo aos demais.

Hoxe, máis que nunca cabe repetir aquilo de: ¡O Dios, que buen vasallo si hubiese buen Señor!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.