Das homenaxes aos feitos

Fai uns dias, o 8 de setembro, celebrouse o Día do Cooperante. Celebración ainda con corta vida, instaurouse coa aprobación do Estatuto do Cooperante, en 2006, que ten por obxecto homenaxear o traballo que nos países en vías desenvolvemento realizan, en ONGD, en organismos internacionais…

Por Emilio Martinez | Pontevedra | 14/09/2010

Comparte esta noticia

o denominado persoal expatriado. A data elexida foino porque un 8 de setembro anterior, no 2000, anAsemblea Xeral das Nacions Unidas aprobou A Declaración do Milenio, os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, metas da reducción da pobreza, que ata o 2015 enmarcan boa parte do traballo das entidades internacionais, públicas e privadas, adicadas á coperación internacional.

Homenaxear a quenes adican o seu traballo a estar a carón dos mais necesitados, nos lugares mais necesitados é loable, a fin de contas no seus esforzos podemos exemplificar valores como o compromiso, a honestidade, a solidariedade, o desprendemento polo material, que noutros ámbitos son tan difícil de atopar.

Este 8 de setembro en Compostela, a austera celebración, serveu para a presentación do Registro Galego de Cooperantes, de recente creación e que permiteu identificar a un cento de galegos e galegas traballando en países en vías de desenvolvemento, a metade en ONGDs, amén, é nunca mellor dito, de 485 misioneiros e misioneiras, que supoñemos adican parte da súa labor a cuestións como a educación ou a sanidade e non só a labores relixiosos.
Pero unha vez rematado o día e a celebración, que é o que queda?. O que quedan son frías cifras que nos deixan o ánimo pouco propicio para festexos.

Desde o 2004 o incremento de fondos oficias para axuda ao desenvolvemento (AOD), en consonancia coas promesas do goberno encabezado por José Luis R. Zapatero incrementáronse de forma sustancial e sostida, do 0,24% do PIB ao 0,5%, aproximadamente. O ano 2010 trouxo malas novas e dentro das medidas de austeridade as políticas de cooperación sufriron un recorte de 800 millóns de euros. E ainda que o recorte ten sido criticado, con razón, polas ONGDs, unha reflexión posibilista ainda nos levaría a exclamar: Menos mal!, despois de escoitar a eses exemplo de empresario e presidente da CEOE que reclamaba un recorte do 50%, supoñemos que facendo contas de canto se podería adicar, do aforro, a sanear as suas empresas. E menos mal tamén porque non queremos nen pensar o que o partido principal da oposición faría nesta tesitura revisando as cifras dos seus anos de gobernó, de bonanza económica, nos que non só non incrementaron a axuda aos países en vías de desenvolvemento senon que a recortaron.

E en Galicia as cousas pintan tan mal como acostuman. A pesar do programa eleitoral do PP o primeiro orzamento popular, o do ano en curso, non só non incrementou a magra solidariedade autonómica (apenas un 0,1% do orzamento) senon que o disminuiron nun 15%. Un estrano método de acercarnos á media das comunidades autónomas, fixada nun 0,24% dos seus órzamentos adicados a cooperación. Neste tema o compromiso do Partido Popular é tan pouco sólido como os feitos demostraron que era o compromiso do PSdG-PSOE-BNG, polo xunto ou por separado: da promesa de adicar o 0,4% do orzamento a finais da súa lexislatura non quedou nen o recordó.

E xa non falamos dos concellos galegos porque os denodados esforzos dun puñado de concelleiros e alcaldes dende fai anos vexe recompensado con tan magros resultados que con dificultade os mesmos superan a categoría de anécdota.

En fin, que para o ano talvez a celebración do Día do Cooperante nos permita, novamente, recordar o seu traballo, porque sobre todo este  o que nos permite recordar é aquel vello dito “Unha cousa é predicar, e outra, ben distinta, dar trigo”.

Aos nosos gobernantes nesto da solidariedade, como noutras cousas, hai que esixirlle que cando menos acompañen as festas con feitos. É o que se agarda deles, non?.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.