Entre folga e festa

Atopámonos entre dúas datas, a do 29 de setembro e a do 4 de outono, en que o Corpo Nacional de Policía, dun ou doutro xeito, foi ou vai ser protagonista. E a boa fe que os protagonismos nesta Institución gústannos máis ben pouco.

Por José Freire | Pontevedra | 03/10/2010

Comparte esta noticia

O día 29, co gallo da Folga Xeral, e o vindeiro día 4, pola celebración dos Santos Anxos Custodios, ou como lle gusta denominar aos “progres” de salón Día da Policía.

 
Na primeira participamos a pesar de non selos protagonistas que, aínda sendo traballadores da seguridade pública, non temos dereito á folga. ¡Que enorme contradición, que os encargados de salvagardalos dereitos dos traballadores a exercer un dereito constitucional non podan exercer ese mesmo dereito!
 
E fixémolo tratando de garantila vontade de aqueles que non quixeron secundala folga e acudir ao traballo, así como dos piquetes informativos dos traballadores, no exercicio da súa actividade sempre que fora dentro da legalidade. É unha pena que non puidéramos facelo propio con todos aqueles traballadores ameazados polos seus patróns se a secundaban.
 
Aínda que non participamos, o Sindicato Unificado de Policía e outras organizacións do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, amosámolo noso apoio á Folga, entre outras, por tres cuestións. Unha ideolóxica, xa que os membros do C.N.P. son traballadores da seguridade pública. Pero traballadores á fin e ao cabo. Outra de solidariedade cos sindicatos de clase, que defenden os intereses dos traballadores, sobre todo no momento de maior retroceso dos dereitos dos traballadores nos derradeiros 30 anos. E unha terceira, para nos moi importante, xa que nos afecta de preto, a actual situación da política de seguridade pública, cunha redución moi importante de emprego público para á Policía, dos orzamentos dedicados a inversións de material e ao recorte salarial.
 
As consecuencias xa se están a notar. Non hai máis que vela Memoria da Fiscalía Xeral do Estado para observalo incremento dos delitos contra a propiedade e da conflitividade social, consecuencia destes recortes e, como non, da actual conxuntura de crise económica.
 
E nesta situación chega a festa do Corpo Nacional de Policía do día 4, que se troca dende o día 2, o propio día, xa que como cae en sábado, aos que mandan lles convén que caia nun día laborable. E así xa temos unha ponte máis no ano, sen que lles importen o máis mínimo os funcionarios que, día a día, mañá, tarde e noite, de luns a domingo, prestan un servizo público cheo de perigrosidade e penosidade.
 
A pesar diso, non podemos deixar que estes persoeiros, que hoxe están e mañá xa non, se apoderen deste día, que debe ser de xuntanza agarimosa, de lembranza dos compañeiros que xa non están connosco, pola idade ou porque caeron en acto de servizo, nunha mostra enorme de solidariedade, en defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns.
 
Xa o dixen nalgunha ocasión máis. A democracia española ten unha enorme débeda coa Policía Española.
 
Pasan os anos e os gobernos de distinto signo. Ningún se atreve a afrontar o modelo de policía que este país necesita e dedicar os recursos necesarios. Non se dan conta que estamos a falar dun servizo público que, nin máis nin menos, trata de que os cidadáns se sintan máis seguros e máis libres. 
 
A verdade é que a actual política de seguridade estánnolo pondo moi difícil. Por moito profesionalidade que amosen os membros dos Corpos e Forzas de Seguridade, se as políticas fracasan, as consecuencias son imparables.
 
Aínda que sexa simbolicamente, dende aquí, tamén eu lle lanzo un bote lacrimóxeno ao Presidente Zapatero. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.