Galicia prepárase para previr epidemias mortais que transmiten os mosquitos

Xunta e universidades colaboran para vixiar aos mosquistos transmisores de enfermidades como o dengue, o zika ou o chikungunya. Elaboraranse protocolos para a posta de trampas, o seu mantemento ou a recollida das mostras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/09/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Galicia quere prepararse para afrontar posibles epidemias provocadas por picaduras de insectos, nomeadamente, o mosquito. Por iso, Xunta e universidades asinaron un convenio para crear un mecanismo de vixiancia e alerta ante certos mosquitos transmisores de enfermidades, principalmente, o dengue, o zika ou o chikungunya.

O Aedes aegypti é un insecto transmisor do Zika
O Aedes aegypti é un insecto transmisor do Zika

O obxectivo é establecer medidas de control o antes posible e evitar así a transmisión destas enfermidades no país. Tamén coñecer as densidades de especies xa presentes, como os Culex e flebótomos, tamén transmisoras de enfermidades, tanto humanas como animais, como a da febre do virus do Nilo Occidental ou da leishmaniase.

Por iso, a Xunta autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre as Consellerías de Sanidade e de Medio Rural e as Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo para poñer en marcha este protocolo e coñecer de xeito temperán a posible existencia de mosquitos aínda non presentes en Galicia, como o mosquito tigre.

O Goberno galego entende que oestablecemento dunha rede de vixilancia entomolóxica que permita detectar a tempo estes mosquitos facilitará a posta en marcha de actividades para impedir a aparición de casos en humanos e animais de enfermidades que son graves en moitos casos, ou producir prexuízos económicos, como poden ser o dengue, o zika ou o chikungunya, ou o a febre do virus do Nilo Occidental.

Trampas e mostras

Neste marco, elaboraranse protocolos para a posta de trampas, o seu mantemento, a recollida das mostras e o seu envío ás dúas universidades, tanto polo persoal propio destes centros como por parte do persoal de Medio Rural, segundo os puntos de mostraxe que teñan asignados. Tamén se formará ao persoal para o desempeño destas tarefas.

O período de mostraxe será de abril a outubro e, a posta de trampas e recollida de mostras farase con frecuencia quincenal. Posteriormente realizarase unha identificación e reconto dos diferentes exemplares, actualizaranse as bases de datos das especies transmisoras de enfermidades identificadas e remitirase a información ás direccións xerais de Saúde Pública e de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta