A España ultranacionalista provoca á do diálogo e o entendemento

Manifestantes a prol da unidade de España concentrados na madrileña Plaza de Colón baixaron até Cibeles para enfrontarse á xente que, vestida de branco, pedía diálogo e concordia para solucionar o conflito catalán. A Policía Nacional tivo que interpoñerse para evitar a invasión por parte dos nacionalistas españois.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/10/2017 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

850 metros. Esa era a distancia que separaba aos ultranacionalistas españois concentrados este sábado na Plaza de Colón dos cidadáns que piden diálogo e entendemento para resolver o conflito catalán. 850 metros que se reduciron a apenas dous en pouco tempo, cando un numeroso grupo de manifestantes con bandeiras españolas se achegou até Cibeles para provocar aos alí concentrados. Foi a exhibición das dúas Españas, da fractura dunha sociedade partida pola metade, da España dividida, da "unha, grande e libre" fronte á plural, multicultural, plurinacional e diversa. Unha España que provoca e insulta, chea de carraxe e ira, fronte a outra festeira, dialogante, pacífica e sen bandeiras. Dúas Españas separadas por apenas dous metros e unha ringleira de axentes da Policía Nacional.

Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.

Mentres milleiros de persoas tinguían de branco a Plaza de Cibeles, fronte o Ayuntamiento de Madrid, baixo o lema "Parlem, Hablemos", outra multitude maior vestía de 'rojigualdo' a Plaza de Colón, convocada pola Fundación Denaes para a defensa da Nación Española. O contraste era máis que notábel: en Cibeles, roupas brancas para simbolizar a paz e o diálogo, carteis a prol do entendemento, ningún altofalante para exaltar ánimos e sentimentos, mans axitadas ao aire como berro, batucadas... e ningunha bandeira; en Colón, milleiros de bandeiras 'rojigualdas' ondeando ao vento, arengas e berros pola unidade de España, desfiles de lexionarios, berros de odio cara a Cataluña e os "rojos", e marcha cara a Cibeles para provocar e desprezar aos pacíficos manifestantes concentrados alí.

Ese foi o momento máis tenso da xornada, provocado por un numeroso grupo de ultranacionalistas españois que se achegou até Cibeles coa única intención de enfrontarse cara a cara coas persoas que reclaman diálogo e entendemento. Non houbo, pola contra, provocacións do movemento "Parlem, Hablemos" aos concentrados en Colón, a onde non se achegou ninguén do movemento pola concordia.

Houbo previamente conatos de enfrontamentos causados por persoas que portaban bandeiras españolas e paseaban por Cibeles provocando aos alí concentrados con berros e consignas contra eles e a súa causa. Pero a efectiva intervención da Policía Nacional conseguiu aplacalos. Porén, cara a unha da tarde —unha hora despois de que comezasen as concentracións nas dúas beiras—, numerosos manifestantes do ultranacionalismo español desfilaron até Cibeles para provocar aos alí presentes. O dispositivo policial non era suficiente para frealos. De feito, só dous furgóns policias e media ducia de axentes separaban aos manifestantes de Colón dos de Cibeles, polo que nun momento houbo apenas un par de metros de separación entre uns e outros.

Fronte aos axitadores, os de branco decidiron entón facer unha sentada pacífica, mentres eran insultados e desafiados polos que portaban as bandeiras españolas. Foi entón cando a Policía Nacional aumentou o dispositivo de seguridade e interpuxo media ducia de furgóns e un numeroso grupo de axentes como barreira, para impedir o paso dos ultranacionalistas, que seguían buscando o enfrontamento cara a cara coa xente convocada en Cibeles. As concentracións deste sábado en Madrid foron unha manifestación máis de que España segue crebada. 

Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.

Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois | Fonte: Alberto Quian.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

3 Mir peace

2 Mirpeace

http://www.reuters.com/article/us-s...+Trending+Content&utm_content=59d8bf6a04d3015ff2479f05&utm_medium=trueAnthem&utm_source=twitter

1 Soy español

Estoy contigo. Cada vez esto va a peor, y lo peor es que los españoles tenemos que seguir viendo día tras día se nos trata como fascistas. Eso sí, nunca muestran la verdad de lo que hacen estos sediciosos. Mirad, mirad si tenéis valor https://twitter.com/CervantesFAQs/s... https://twitter.com/Dignitat_Rebel_... https://twitter.com/Dignitat_Rebel_...

1 odeasveces

¿Queres deixar un comentario?Se os trata como lo que sois, ni mas ni menos, este tipo de problemas hay dos modos de solucionarlos, como los británicos o canadienses, dejendo votar a escoceses y quebecois,y encima han desactivado el problema, o sea han sido inteligentes,o la segunda alternativa que es la de los turcos en el Kurdistán o los tibetanos en china, negar el problema, imponer identidades que la gente no siente y vilonecia interminable, me temos que laespañolada esta las con la segunda solución, la de turcos y chinos, no la de británicos o canadienses, nada extraño de una gente que cuando Cuba pidió autonomía mando un general a masacrarlos, o también los únicos, junto a yugoslavos, uqe han trenido una guerra civil en el soglo XX en Europa. Eu no sei que carallo facemos nos con esta xente cando somos netamente maos cicilizados, independencia para a Galixa xa!

2 Non_funcionades

Non hai alternativa, O centralismo é ruinoso e sempre o foi. Exempro os aeroportos: A primeira liña que uniu Santiago con América non foi Iberia, foi unha aeroliña americana. Toda a emigración que viña pasar as festas en Galicia tiña que pasar por Madrid, e o resultado era que había ringleiras enormes, saturación e queixas a esgalla. Vantaxes? ningunha, o traxecto era 2h. máis longo (como mínimo). Por que aínda non hai un só aeroporto en Galiza para vós internacionais e así non ter que pagar para que veñan as grandes empresas a Vigo ou Coruña? Porque non hai tren (culpa de Fomento), nin autovía (culpa de Fomento), nin vía rápida (culpa de Fomento) para levar aos usuarios dende Santiago ao seu destino final. Cousa que, cos cartos investidos en aparcamentos en Albedro ou Peinador, xa se tería feito...Ah, pero o AVE (ou ghaliña voadora de Pepiño ) si que ten presupostos...porque vai a Madrid. Risa e peniña dan os que apoian esa forma de facer as cousas.