Envexa ou rexeite

Estes foron os dous sentimentos que tiven cando, o derradeiro día 3, coñecía a decisión dos controladores dos aeroportos españois de abandonalos seus postos de traballo e, con iso, amolarlle as vacacións a milleiros de cidadáns, ocasionar grandes perdas económicas, desprestixiar a marca España de cara ao estranxeiro e obrigar ao Goberno a tomar algunhas medidas inéditas no derradeiro período democrático.

Por José Freire | Pontevedra | 13/12/2010

Comparte esta noticia



O primeiro que pensei foi no valor que lle botaban, e inmediatamente tentei trasladar esta acción ao eido das reivindicacións que os traballadores da seguridade pública vimos mantendo nos derradeiros anos, a prol dunhas condicións socio-laborais acordes co traballo que vimos desenrolando nun piar básico do estado do benestar, como é o da seguridade e liberdade dos cidadáns que, nos derradeiros tempos, está sendo atacado pola política do Goberno ( redución da oferta de emprego público para a Policía, recortes nos orzamentos para material ou recorte dos salarios). Créame que cheguei a sentir envexa.

Máis, de súpeto, todo trocou, nada máis ver as primeiras consecuencias de tan desafortunada medida. Non había máis que ver e escoitar aos numerosos cidadáns que se laiaban do trastorno que ilo lle carrexaba. ¡ Cantas ilusións botadas pola borda ! ¡Cantos aforros perdidos sen poder gozar duns días de descanso !.

De seguido, este sentimento de envexa mesturouse cunha certa sensación de rexeite, ao observar a actitude prepotente dalgúns controladores ao enfrontarse, nun hotel, con algúns dos viaxeiros e continuar mostrándose fortes fronte ao Goberno. Estaban seguros de que, unha vez máis, este ía achantarse perante as súas reivindicacións. Por certo, algunhas das medidas adoptadas polo Goberno no Decreto aprobado no Consello de Ministros dese mesmo día, son de dubidosa constitucionalidade.

Está claro que o Goberno, na situación na que se atopa, non podía permitir unha derrota máis diante dos controladores.

Nada máis espertar dese shock e velas consecuencias tan negativas para o conxunto da cidadanía, veume á cabeza  que outros colectivos, como os traballadores da seguridade pública, cunhas condicións sociolaborais moi por debaixo das súas, non teñen a ocorrencia de tomar unha medida destas características.

E certo cun policía non controla o tráfico aéreo co que iso supón. Pero tampouco e menor o seu traballo de velar pola seguridade e liberdade dos cidadáns. Xógase a vida cada día que vai ao servizo. Non sabes co que te vas a atopar na rúa, nun atraco, nun asunto de violencia de xénero, nunha persecución, na investigación e represión das bandas organizadas ou do narcotráfico, nunha calamidade pública ou sendo vítima preferente dos terroristas.

Pero é que o mesmo poderiamos dicir, por exemplo, dos médicos ou bombeiros. ¿Alguén chegou a pensar se estes ou aqueles se ausentaran dos seus postos de traballo e deixaran aos doentes na mesa de operacións, co bandullo aberto, ou non acudiran a un lume dun edificio habitado por varias familias porque non foron ao traballo?.

Por iso non chego a entender a estes privilexiados, cuns salarios de máis de 300.000 € anuais, fronte aos 1.400 € mensuais dun membro dos Corpos e Fozas de Seguridade do Estado; coa situación aínda peor pola que están pasando os pensionistas, e non digamos os parados, aos que lle van a quitar tamén o subsidio dos 400 €.

¡Que sensacións contrapostas tiven o venres polo serán!. Ao final inclineime pola ética, pola profesionalidade e porque algúns, aínda que maltratados polo Goberno, temos moi clara a nosa vocación de servizo público.

Alguén aínda me dirá que iso non é así. Pois iso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.