O BNG presume de gobernos municipais co rexedor de Pontevedra como modelo

Ana Pontón reivindica o "proxecto sólido, claro, definido e solvente" dos gobernos locais do BNG como "aval" para as municipais. Asegura que o BNG irá "a por todo" nas municipais. "Hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG", apunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2018 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o "proxecto sólido e solvente" dos gobernos municipais da formación nacionalista en Galicia como "carta de presentación" e "aval" de cara ás próximas eleccións municipais de 2019, nas que avanzou que "irán a por todas" e mostrarase aos cidadáns que existe unha "alternativa" de cara a "desaloxar ao PP" da Xunta de Galicia.

Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG
Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG | Fonte: Europa Press

Ana Pontón presidiu en Santiago un encontro con case 300 cargos municipais nacionalistas co obxectivo de "pór a punto a estratexia para as próximas eleccións municipais". Así, asegurou que o BNG conta cun "proxecto claro, definido e solvente", que ten como "mellor carta de presentación" a xestión realizada nos concellos nos que gobernan, que conseguiron, engadiu, "transformar".

Nesta liña, nun acto no que en primeira liña estaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo pór en valor o "exemplo" que supoñen "hoxe non só a nivel galego senón a nivel internacional" os municipios gobernados polo BNG en canto a reformas urbanas, modelos nos que se priorizan as persoas sobre os vehículos, nos que "se mellora a calidade de vida da xente", "poténciase o comercio local como fonte de emprego e dinamización social" ou se consegue que os veciños se "beneficien do feito de ter o maior número de eólicos por habitante do Estado abaratando a factura da luz, como en Muras".

Con este punto de partida, Ana Pontón avanzou que a formación nacionalista "irá a por todas" nunhas eleccións municipais de 2019 nas que se "traballará desde a humildade" pero "tamén desde a convicción" de dispor de "un proxecto sólido", co "aval dos gobernos municipais do BNG" e "o aval de que os galegos e galegas teñen no Bloque Nacionalista Galego a unha forza política na que poder confiar", porque está "preparada para gobernar os Concellos".

"DESALOXAR" AO PP DA XUNTA DE GALICIA

Pontón insistiu na importancia das próximas eleccións municipais para a formación política, que situou como "a base sobre a que poder darlle unha alternativa aos cidadáns para desaloxar ao PP da Xunta de Galicia".

Os nacionalistas encaran, aseverou, "con todo o optimismo o proceso de elaboración da estratexia" de cara ás municipais, sobre a base dun "proxecto sólido" que se renovará con "novas ideas e alternativas" e que recollerá "a bagaxe de todos estes anos de experiencia nos municipios do BNG", en localidades que, engadiu Ana Pontón, "funcionan razoablemente ben", con "ideas innovadoras" e que os sitúan "no mapa da modernidade.

A portavoz nacional do BNG aludiu tamén ao "modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país" e "que non necesita copiar o que vén de Madrid" e que sostén que os cidadáns xa puideron percibir nas localidades nas que conta con responsabilidade de goberno, como "Allariz e Pontevedra, Carballo, Rianxo, Tomiño, Bueu, San Sadurniño, A Mezquita ou Castrelo de Miño".

Con ese aval, Pontón animou aos concelleiros e ao conxunto da militancia a "porse ao choio" na preparación das eleccións e a "saír a por todas e sen complexos". A dirixente nacionalista felicitou aos responsables municipais polo seu "esforzo e dedicación" e engadiu que "hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG, non é froito da casualidade senón dun proxecto político que funciona desde a confianza no país".

A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos, seguida en cada caso dun debate e posta en común de ideas por parte dos responsables municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

13 Freedom

Después de las paparotas con las que los jerarcas BNG terminaron la xuntanza (los machacas aplaudidores solo tuvieron un bocata) urge poner un poco de musica adecuada: https://www.youtube.com/watch?v=nGA...

1 José

Si señor, un chiringuito! que peniña, a min tamén me enganaron..., cómo é posible que non se dea construido algo que realmente sexa útil para o país, e non para os espabilados que seguen a chupar do chiringuito? a culpa será de todos, muito criticar e non facemos nada.

2 Pelando_fabas

Falades por falar ou temos que agardar que digades algo? Que comeron nesa reunión? pagaba o pobo ou eles? Vós, particularmente, que é o que facedes?

12 Natasha Rostova delasRestrevas

Vexovos moi estresados, queredes que vos cante unha panxoliña en trilingue?

1 Celidonio

Kollona, coida que non estraguen as flores do partido que patrocina o teu sindicato amado. Logo cabreaste co gremio por non defender a casta e amenazas con non volver comentar, nunca máis por nunca xamáis... Pois iso, cántalle ao sindicato amado!

11 Antiburras

La Voz de Galicia ó servizo do PP e do BNGuai: https://www.lavozdegalicia.es/notic...

10 nostrus

Hay que luchar por una Galicia próspera y en la que abunda la diversidad, basada en la libertad de los gallegos y que configuere una identidad con la voluntad colectiva de todos los gallegos en vez de configurar una identidad ficiticia e irreal que solo cabe en la mente confusa del nacionalismo. Debemos resistirnos a la uniformidad normalizadora del nacionalismo que pretende que haya autómatas en vez de individuos y procurar lo mejor para las personas y que sean ellas y no el nacionalismo quienes decidan lo que es lo mejor. Hay una Galicia real y una Galicia ficticia e inexistente diseñada por el nacionalismo.

1 uncalquera

Se lle aplicas todo o que dis ao nacionalismo supremacista españoleiro das no clavo ao cento por cento

2 Diga_patata

En qué basamos la prosperidad de Galicia? Cuántas películas vamos a filmar al año? Metemos a los ganaderos arruinados de extras en la futura versión de "Los Miserables"? Fundamos una industria naval de barquitos de cartón para la nueva versión de "Los cañones de Navarone"? Hacemos papel para secar la sudorosa frente de Almodóvar ? Filmamos los desalojos, para ver si ganamos un Óscar? Nos vamos en tren por Angrois para filmar el ERTMS cuando lo instalen?

9 nostrus

Non comprendo como se lle da xabón a esta organizacion ultragalega que pretende convertir a Galicia nunha inmensa granxa de individuos normalizados. Que antepon a saude da lingua a liberdade das personas e que pretende que a cultura sexa de caracter obrigatorio e que aspira a que nun futuro o mais proximo posible os galegos deixemos de ser bilingües para ser monolingües. ¿Para que vale o RNG agás para sementar odio e egoismo mais alá do que o pobo galego ë capaz de dixerir?. Feixismos NON.

1 uncalquera

Claro que queremos que a cultura sexa de carácter obrigatorio, e a educación e a saude e a seguranza e....