O BNG presume de gobernos municipais co rexedor de Pontevedra como modelo

Ana Pontón reivindica o "proxecto sólido, claro, definido e solvente" dos gobernos locais do BNG como "aval" para as municipais. Asegura que o BNG irá "a por todo" nas municipais. "Hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG", apunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2018 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o "proxecto sólido e solvente" dos gobernos municipais da formación nacionalista en Galicia como "carta de presentación" e "aval" de cara ás próximas eleccións municipais de 2019, nas que avanzou que "irán a por todas" e mostrarase aos cidadáns que existe unha "alternativa" de cara a "desaloxar ao PP" da Xunta de Galicia.

Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG
Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG | Fonte: Europa Press

Ana Pontón presidiu en Santiago un encontro con case 300 cargos municipais nacionalistas co obxectivo de "pór a punto a estratexia para as próximas eleccións municipais". Así, asegurou que o BNG conta cun "proxecto claro, definido e solvente", que ten como "mellor carta de presentación" a xestión realizada nos concellos nos que gobernan, que conseguiron, engadiu, "transformar".

Nesta liña, nun acto no que en primeira liña estaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo pór en valor o "exemplo" que supoñen "hoxe non só a nivel galego senón a nivel internacional" os municipios gobernados polo BNG en canto a reformas urbanas, modelos nos que se priorizan as persoas sobre os vehículos, nos que "se mellora a calidade de vida da xente", "poténciase o comercio local como fonte de emprego e dinamización social" ou se consegue que os veciños se "beneficien do feito de ter o maior número de eólicos por habitante do Estado abaratando a factura da luz, como en Muras".

Con este punto de partida, Ana Pontón avanzou que a formación nacionalista "irá a por todas" nunhas eleccións municipais de 2019 nas que se "traballará desde a humildade" pero "tamén desde a convicción" de dispor de "un proxecto sólido", co "aval dos gobernos municipais do BNG" e "o aval de que os galegos e galegas teñen no Bloque Nacionalista Galego a unha forza política na que poder confiar", porque está "preparada para gobernar os Concellos".

"DESALOXAR" AO PP DA XUNTA DE GALICIA

Pontón insistiu na importancia das próximas eleccións municipais para a formación política, que situou como "a base sobre a que poder darlle unha alternativa aos cidadáns para desaloxar ao PP da Xunta de Galicia".

Os nacionalistas encaran, aseverou, "con todo o optimismo o proceso de elaboración da estratexia" de cara ás municipais, sobre a base dun "proxecto sólido" que se renovará con "novas ideas e alternativas" e que recollerá "a bagaxe de todos estes anos de experiencia nos municipios do BNG", en localidades que, engadiu Ana Pontón, "funcionan razoablemente ben", con "ideas innovadoras" e que os sitúan "no mapa da modernidade.

A portavoz nacional do BNG aludiu tamén ao "modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país" e "que non necesita copiar o que vén de Madrid" e que sostén que os cidadáns xa puideron percibir nas localidades nas que conta con responsabilidade de goberno, como "Allariz e Pontevedra, Carballo, Rianxo, Tomiño, Bueu, San Sadurniño, A Mezquita ou Castrelo de Miño".

Con ese aval, Pontón animou aos concelleiros e ao conxunto da militancia a "porse ao choio" na preparación das eleccións e a "saír a por todas e sen complexos". A dirixente nacionalista felicitou aos responsables municipais polo seu "esforzo e dedicación" e engadiu que "hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG, non é froito da casualidade senón dun proxecto político que funciona desde a confianza no país".

A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos, seguida en cada caso dun debate e posta en común de ideas por parte dos responsables municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

3 Fuilco

Faltaba Raúl Francés, o modelo de alcalde BNG inhabilitado por prevaricación.

2 anonimo

Sendo pontevedres podo dicir que o seu proxecto de cidade peonil é bo. Anque como contrapartida debo destacar que temos a maior pasa de paro das sete cidades galegas. con isto quero dicir que o seu programa económico non está dando resultado na nosa vila, mentres que o modelo urbanístico si.

1 uncan

¿Queres deixar un comentario?Ah non sabia eu que os alcaldes eran empresas para criarem vagas de trabalho, ja pareces os pesasdos de Elnosa, sempre coa mesma matraca, ue prefieren os seus 50postos de traballo aos miles que poderia xerar o arisqueo e a sua comercialización e o turismo

1 Breogán

A por todas BNG.

1 Hermerico

A por todas as praças de touros subsidiadas