O BNG presume de gobernos municipais co rexedor de Pontevedra como modelo

Ana Pontón reivindica o "proxecto sólido, claro, definido e solvente" dos gobernos locais do BNG como "aval" para as municipais. Asegura que o BNG irá "a por todo" nas municipais. "Hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG", apunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2018 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o "proxecto sólido e solvente" dos gobernos municipais da formación nacionalista en Galicia como "carta de presentación" e "aval" de cara ás próximas eleccións municipais de 2019, nas que avanzou que "irán a por todas" e mostrarase aos cidadáns que existe unha "alternativa" de cara a "desaloxar ao PP" da Xunta de Galicia.

Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG
Ana Pontón en acto con representantes municipais do BNG | Fonte: Europa Press

Ana Pontón presidiu en Santiago un encontro con case 300 cargos municipais nacionalistas co obxectivo de "pór a punto a estratexia para as próximas eleccións municipais". Así, asegurou que o BNG conta cun "proxecto claro, definido e solvente", que ten como "mellor carta de presentación" a xestión realizada nos concellos nos que gobernan, que conseguiron, engadiu, "transformar".

Nesta liña, nun acto no que en primeira liña estaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo pór en valor o "exemplo" que supoñen "hoxe non só a nivel galego senón a nivel internacional" os municipios gobernados polo BNG en canto a reformas urbanas, modelos nos que se priorizan as persoas sobre os vehículos, nos que "se mellora a calidade de vida da xente", "poténciase o comercio local como fonte de emprego e dinamización social" ou se consegue que os veciños se "beneficien do feito de ter o maior número de eólicos por habitante do Estado abaratando a factura da luz, como en Muras".

Con este punto de partida, Ana Pontón avanzou que a formación nacionalista "irá a por todas" nunhas eleccións municipais de 2019 nas que se "traballará desde a humildade" pero "tamén desde a convicción" de dispor de "un proxecto sólido", co "aval dos gobernos municipais do BNG" e "o aval de que os galegos e galegas teñen no Bloque Nacionalista Galego a unha forza política na que poder confiar", porque está "preparada para gobernar os Concellos".

"DESALOXAR" AO PP DA XUNTA DE GALICIA

Pontón insistiu na importancia das próximas eleccións municipais para a formación política, que situou como "a base sobre a que poder darlle unha alternativa aos cidadáns para desaloxar ao PP da Xunta de Galicia".

Os nacionalistas encaran, aseverou, "con todo o optimismo o proceso de elaboración da estratexia" de cara ás municipais, sobre a base dun "proxecto sólido" que se renovará con "novas ideas e alternativas" e que recollerá "a bagaxe de todos estes anos de experiencia nos municipios do BNG", en localidades que, engadiu Ana Pontón, "funcionan razoablemente ben", con "ideas innovadoras" e que os sitúan "no mapa da modernidade.

A portavoz nacional do BNG aludiu tamén ao "modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país" e "que non necesita copiar o que vén de Madrid" e que sostén que os cidadáns xa puideron percibir nas localidades nas que conta con responsabilidade de goberno, como "Allariz e Pontevedra, Carballo, Rianxo, Tomiño, Bueu, San Sadurniño, A Mezquita ou Castrelo de Miño".

Con ese aval, Pontón animou aos concelleiros e ao conxunto da militancia a "porse ao choio" na preparación das eleccións e a "saír a por todas e sen complexos". A dirixente nacionalista felicitou aos responsables municipais polo seu "esforzo e dedicación" e engadiu que "hoxe non hai ningunha forza política que poida presentar un balance de goberno como o do BNG, non é froito da casualidade senón dun proxecto político que funciona desde a confianza no país".

A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos, seguida en cada caso dun debate e posta en común de ideas por parte dos responsables municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

8 O Freire

Sen ánimo de polemizar, Pontevedra é un modelo de devolución da cidade aos veciños, aplicable a vilas e pequenas cidades (a experiencia pouco serve para Vigo ou Coruña). Hai logros evidentes. Do mesmo xeito que hai eivas: un alcalde sen limitación de mandatos é un modelo personalista (non dun equipo confiable, como deberá ser o BNG), que nos leva ao caudillismo (Paco Vázquez de cheirenta lembranza, Caballero de noxenta realidade ou o Ángel G. Seoane 'comunista' de Oleiros), e que canto máis alto levantemos e propaguemos o líder santificado máis dura será a caída (aviso certo para navegantes: o tempo no poder fai estragos na condición humana, e en Pontevedra hai puntos escuros, alén das touradas e outras manifestacións casposas, que non teñen disculpa). O dito, hai modelos que delatan carencias internas e non provocan grandes adesións fóra (salvo os xa convencidos, triste será dirixir a eles a campaña).

1 Cosmopaletos

Vigo, Móstoles, Parla, Coruña esas grandes metrópoles.

2 Modelo Parla do Lérez

Témome que 120 mil están máis próximos a 80 mil que a 300 mil... Logo, polos touros e pola poboación, Parla parécese máis a Pontevedra que a Vigo! Olé por Lores, alcalde de Parla do Lérez! Olé por gastar cartos públicos na barbarie dos touros, con subvención directa documentada e logo disimulada, e satisfacer o sanguinario espíritu español! Olé polos desfiles militares e pola resistencia en manter o rueiro franquista! Olé por ter de estrelas dos últimos anos das festas da Peregrina a Bertín Osborne e a Alaska, recoñecidos ultrafachas! Olé polo adoutrinamiento españolista de Pontevedra! Olé por Lores y olé polo BNG!!!!

7 Guillerme Gintonic

O que incumpre a limitación de mandatos, como o de Carballo, e financia as touradas

1 sinuncan

¿Queres deixar un comentario?Non imcumpre nada porque nunca houbo limitación de mandatos en Pontevedra nin a prometeu nunca, en canto as touradas, xa vale de demagoxia, a arena de Pontevedra é privada e o alcalde non ten potestade para proibiras touradas, asi que cando a Xunta ou o gobernó central as proiba, pois acabaran

2 cazarraposas

A limitación está nos estatutos do BNG (seguro que non o lembras, de nada pola axuda). As touradas son estimuladas polo alcalde do BNG, primeiro con subvención directa (documentada) e defensa pública polo edil do BNG. (hemeroteca), e agora indirecta: exemplo, mañá ides facer unha paparota en Meirás, pagando polo uso e xestión do espazo á fundación Francisco Franco, non estades colaborando cun ideal fascista? Logo, menos demagoxia de taparrabos e máis decencia.

3 Noxento

Cazarraposas tes moita cara atreverte a insinuar que o BNG financia as touradas ou a fundación Francisco Franco por si non te enteraches a Fundación do caudillo pide a ilegalidade do BNG, e militantes do Bloque foron identificados por asalto a propiedade privada e serán xulgados, onde estabas ti rata noxent, simplemente non votes o BNG e punto pero deixa de facerlle o traballo o PP.

4 cazarraposas

Lores, alcalde do BNG en 2001 en Pontevedra entrega subvención directa os touros: https://www.google.es/amp/s/www.lav... Despois pasou a ser disimulada: indirecta até hoxe. Proe? Pois ráscalle no lombo a Lores! E como se mañá fixerades tal acto HIPOTÉTICO en Meirás, dese xeito estariades financiando o fascismo. Que non te enteras demagogo taparrabos!

5 Penitentiagite

Sacado da mesma vinculación que usas , cazaraposas, como "argumento" : "Se añade que a cambio «da mencionada subvención» la propiedad de la plaza cede al Concello su uso para la organización de conciertos u otro tipo de eventos " Ademais unha asociación antitaurina di que os partidos non teñen a culpa de que haixa xente taurofila nas súas filas, e que ningún partido se salva diso. Ti es analfabeto ou parvo? Le o que pos para non facer tanto o ridículo. Hai algunha garantía de que non se fagan touradas de xeito privado nunha praza PRIVADA? E xa que falas de Meirás non vos vin eu protestar como o BNG para recuperalo...só vos vexo protestar polo BNG, que debe proer bastante que sexan os seus os únicos exemplos (si, en plural) de bo facer en Galiza, porque o demais é puro fala-barato e faino-mal.

6 Hermerico

A por todos os actos de La Voz de Galicia, a por todos os dias da festa nacional espanhola, a por todos os desfiles do exército... a por todas BNG

5 Merdeiro

Touros subvencionados en todas as cidades galegas, eu apoio BNG!!!! Alcaldes vitalicios e, a poder ser, hereditarios, eu apoio BNG!!! Regalos de Vendex, entrevistas do responsable de finanzas nacional en nome do alcalde do Lérez con Aqualia, premios de loterias, presidencia do clube Accion & Klasse (que hai clases e non todo o mundo a ten!), negocios de Carrumeiro no local do lado da sede nacional pola cúpula do frente patriotico de liberados, baixamos as calzas ante Masso en Cangas..., eu apoio BNG!!!!

1 Merdeiro

Estou con alcaldes modelo, e penso no delincuente do BNG chamado Raul Frances, nos dos paneis de Ourense, nos que permitiron que Orozco, Linhares, Caballero, Formoso e Carmela, esten no poder, por iso apoio BNG!!!! E polo demais, e adiantando suspicacias, os do BNG son tan limpos como Camps, non abusen da saúde (de Rita ou de Fernando B), igual de inocentes que M. Rajoy, Pepinho Blanco, Felipe X do Gal, Baltares (vello e novo)...., por todo iso, polas potentes razóns, eu apoio BNG!!!!

2 sinuncan

O nome vaiche que nin pintado, se houbo un (1) rexidor do BNG condenado por prevaricación, desde logo non foi por roubar diñeiro publico e metelo no seu peto, nin por darlle obras aos seus amiguiños, senon por facer una interpretación da ley a favor dos vecinos que despois foi interpretada polos xuices como errónea, de maneira que xa vale de deitar porcaria pola boca¿Queres deixar un comentario?

3 cazarraposas

E non sería por COLOCAR amigos de asesores, que CHUPAN cartos PUBLICOS que adebían atender necesidades de todos para mételos no peto privado dos mantidos da cuadrilla do BNG. Exactamente igual que os delincuentes do Partido Podre. E, claro, tedes menos delincuentes por ter un poder ridículo. E por riba aínda o defendes con "interpretacións" á medida para taparlles o rabo.

4 O que queda do BNG

Dentro da súa burbulla, TODO. Fóra da súa burbulla, NADA.