Feijóo insinúa que o PSOE o chantaxeou coas famosas fotos de Marcial Dorado

O presidente da Xunta asegura que un partido político o ameazou con facelas públicas nunha campaña electoral se "criticaba a determinados líderes dese partido". Non é a primeira vez que Feijóo dispara contra o PSOE con nomes e apelidos. Fíxoo en 2013 en varias ocasións. Este é o relato da suposta chantaxe socialista ao presidente da Xunta.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/03/2018 | Actualizada ás 21:59

Comparte esta noticia

Xa o dixo en varias ocasións. E este xoves volveuno a repetir, aínda que, desta volta, introduciu a palabra “ameaza” para referirse ás presións que, supostamente recibiu dun partido político que aínda que non o citou nesta ocasión, si se referiu a el noutras, o PSOE.  E o certo é que as famosas fotos de Feijóo co narco Dorado deron, e aínda darán, moito que falar. Pero, como é que unhas instantáneas tomadas a mediados dos anos noventa e descubertas nun rexistro policial na casa de Dorado estiveran tanto tempo “ocultas”?.

Feijóo, Dorado e María Xosé Alende Maceira
Feijóo, Dorado e María Xosé Alende Maceira | Fonte: El País

O propio presidente galego confirmou que coñecía da súa existencia xa desde o ano 2004, pero non é ata case dez anos despois que estas se fixeron pública. Por que tardaron nove anos en darse a coñecer e quen sabía da súa existencia?. GC xa informou en varias ocasións destas fotos e quen sabía delas desde que El País as deu a coñecer. E, tal e como afirma Feijóo, si é certo que non eran poucos os políticos e xuíces que estaban ao tanto.

Por iso, Feijóo insiste unha e outra vez, cando se lle pregunta por esta cuestión, que esas fotos “as coñecía moita xente” e tamén un “partido político”.  “Esas fotos estaban en mans de moita xente e a min ameazoume un partido político con facelas públicas, mesmo nunha campaña electoral, se seguiamos criticando a determinados líderes dese partido e, polo tanto, non podería contestarlle esa pregunta”,  dicía o presidente este xoves nunha tensa  rolda de prensa na que chegou a incomodar aos xornalistas por dicir que contestaría sobre estas cuestións “se tiveran un programa en La Sexta”.

De feito, ao presidente galego moléstalle que non se lle pregunte por esta cuestión, polo partido político que está detrás desas fotos, é dicir, sobre a súa filtración. Falou diso con Jordi Évole, aínda que logo non se emitiu. E Feijóo apunta directamente ao PSOE galego. Agora non quere dicilo abertamente, pero, o certo é que botando unha ollada a hemeroteca pódese comprobar como o líder do PP dixo hai cinco anos alto e claro que o PSdeG estaba detrás desas fotos e tamén entón utilizaba xa a palabra "ameaza".

COMO COMEZARON AS "AMEAZAS"

En febreiro de 2011,  o entón secretario xeral do PSdeG establecía de forma sorprendente unha relación entre o presidente galego e o narcotráfico. "Feijóo e o narcotráfico están aí, aí", insinuaba sen dar moitas máis explicacións Pachi Vázquez. Núñez Feijóo non tardaba en contestarlle;  "Cada un é responsable do que di".

Pachi Vázquez ensina as fotos de Feijóo en El País
Pachi Vázquez ensina as fotos de Feijóo en El País | Fonte: El Pais

A liorta entre os dous dirixentes viña a conta dun expediente que a Xunta lle abrira ao entón líder socialista ante presuntas irregularidades na reforma da súa casa en San Amaro (Ourense). Unhas supostas irregularidades que Feijóo aproveitou para pedirlle que cumplira coas súas responsabilidades urbanísticas e legalizara as obras nesta vivenda.  

A relación entre o PP, fotos e narcotráfico non tarda en saltar aos medios pouco depois. E era o mesmo Pachi Vázquez quen o dicía tras a fotografía de Rajoy no barco Maropa, dun coñecido clan do narcotráfico de Pontevedra. “Hai fotos que hai que explicar, como as de Rajoy”, dicía entón.

E APARECERON PUBLICADAS AS FOTOS

Pouco máis de dous anos despois daquelas frases de Pachi Vázquez, a palabra narcotráfico caía coma un xarro de auga fría na cabeza de Feijóo tras unha portada dominical de 'El País' que titulaba con destacadas fotos: "O presidente galego e o narco Marcial Dourado foron bos amigos nos 90".

E xa nesa información, o propio Feijóo informaba que coñecía as fotos desde o 2004 e que na campaña das eleccións autonómicas de 2009, cando chegou á presidencia da Xunta, “dirixentes do PSOE” --o presidente galego puña nome a ese partido-- ameazárono con difundir esas imaxes se o PP non baixaba o ton dos seus ataques. As mesma resposta era a que deu cinco anos depois, este pasado xoves e utilizando a mesma palabra “ameaza”.

E o mesmo argumento volvía a utilizar pouco despois de darse a coñecer esas fotos en entrevistas na Cadena Cope e Onda Cero. “O xornalista de El País ponmas enrriba da mesa, e eu digo, e isto?... Isto é co que o PSOE me estaba ameazando... El (o xornalista) di, bo, o PSOE chamounos varias veces a ver se podiamos publicar as fotos, pero non as tiñamos, e agora que as temos publicámolas. Podo dicir isto con total tranquilidade porque eses son os feitos", indicaba nesas enrevistas.

Ademais repetíu en máis dunha ocasión que os socialistas "en moitas ocasións" tentaron que esas instantáneas viran a luz, e reiteraba “que recibe ameazas desde 2003” --aínda que el dí que coñeceu as fotos no 2004 polo delegado do goberno en Galicia-- e "con máis intensidade" desde a campaña de 2009, a primeira vez que se presentou á Presidencia da Xunta.

A VERSIÓN SOCIALISTA DE ENTÓN

Por esa época, na primavera do 2013, o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, noutra entrevista en RNE lembraba que nunca vira esas fotos ata que as publicou El Pais, pero precisou que os "rumores por aí" si estaban, "en Galicia cando estás na primeira liña rumores hainos todos". “Eu non podo dicir comín e fun en iate cun narco, non estamos a falar dunha persoa de dubidosa reputación, alguén que un día descobres e quedas de pedra dicindo quen era este?", lembraba.

E A DE EL PAÍS

Tamén o delegado de El País en Galicia de entón, Xosé Hermida, que asinaba a mencionada reportaxe xunto a Elisa Lois, comentaba a Efe que o seu xornal "nunca" revela as súas fontes, pero engadía que "as fotos se obtiveron por medios legais" e que se fixeron "comprobacións" para testemuñar que as mesmas "non eran obxecto nin de chantaxe nin de ameaza".

Puntualizaba, ademais, que El País "non recibe ordes de ninguén",e  que a versión de Alberto Núñez Feijóo, con quen o diario falou, foi revisada por el mesmo e "fixo as súas suxestións", e que o off the record "respectóuselle".

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 coleguitas

Si o final os pepeiros diran que todo e "pothoshop 2.0", o mellor o barco non era do narqueo, e que pintaba o frijoles, decía que tiña o amigo do narco, EN NINGUN PAIS OCCIDENTAL ADMITIRIAN CUN AMIGO DOS NARCOS SEXA PRESIDENTE DE NADA!!! E MAIS INCLUSO NALGUN PAIS DO TERCEIRO MUNDO TAMPOUCO!!!!- frijoles ti tes mais cara que espalda, es un autentico caradura, anda e vai ver os capítulos dos teus amigos os da fariña, xa que a polizonteria constitucionalista expañolenta ten secuestrado o libreto. PERO SI PENSAS QUE PODES IR A EXPAÑAS E PENSAR QUE NON VAS SAIR UNHA E OUTRA VEZ NO BARCO DO NARCO ANDAS MOI TRABUCADO!!!-

6 Dr Bacterio

Maria Xosé Alende, responsable de Sanidade de CCOO

5 Falcatruas

Chantaxear o fico o pepé cas fotos de Quintana cun contructor galego Jacinto Rey no seu iate. E o outro cun narco que todos coñecíamos dende a costa da morte ate a Guarda. Mais o intelixente do narigudo era o único que o descoñecía.

4 Polaroid

A cola para chantaxear con fotos a Feijoo da unha volta enteira a San Caetano e continúa ata San Lázaro.

3 Fabricio

Bueno, habrá que ver lo que proponen. Me gustaría saber a donde puedo ver más sobre el tema? Que Dios nos ampare y hagamos oración a San Judas Tadeo