Sortu

É así como se chama o novo partido que, a denominada “esquerda abertzale”, acaba de presentar de cara a súa participación nos comicios municipais do mes de maio.

Por José Freire | Pontevedra | 14/02/2011

Comparte esta noticia

Palabra vasca que traducida ao castelán significa nacer ou xurdir, que asemade se utiliza para referirse á saída do sol. ¡ Que enorme contradición coas graves e dramáticas consecuencias que o comportamento destes abertzales, e os seus socios das pistolas, carrexaron á sociedade española!

Manifestan nos seus estatutos o seu rexeite, firme e inequívoco, de todo acto de violencia ou terrorismo e dos seus autores, de quen fomente, ampare ou lexitime os actos terroristas ou de calquera clase de conivencia política coa violencia.

A partir de aquí xorden voces que se din cualificadas, no eido xurídico e político, que se amosan partidarias de que este partido debe adquirila súa condición de legal xa que, un partido que rexeita a violencia de ETA e que expulsará a calquera afiliado que participe en actos violentos, tería que poder inscribirse no rexistro do Ministerio do Interior. E engaden que si o Goberno no permite a súa inscrición terá que probar que segue sendo un instrumento de ETA.

Logo estamos a maioría dos cidadáns que observamos un texto que, si ben é certo que se acerca ao que se require na Lei de Partidos, non deixa de ser un engano máis para facernos crer o que resulta moi difícil.

Coido que a estas alturas xa non queda ninguén que pense que ETA e Batasuna eran e son a mesma cousa. Ou que os dous membros que presentaron publicamente o novo partido, Rufino Etxeberria e Iñigo Iruin son membros de Batasuna. O primeiro deles está pendente da celebración de xuízo na Audiencia Nacional polo presunto financiamento de ETA a través das herriko tabernas, enfrontándose a 12 anos de cárcere, acusado dun delito de pertenza á organización terrorista en grao de dirixente e, o segundo, o avogado de toda a vida do entorno etarra. Tampouco se entende porqué non empregan a palabra condena en vez de rexeite ou que fagan mención ao futuro sen que condenen a violencia anterior.  

Outros argumentan que iso debe ser así xa que existe unha realidade sociolóxica no Pais Vasco que segue e vota a esta esquerda abertzale, e iso nun estado democrático e de dereito débese ter en conta.

Maior é a realidade sociolóxica que, durante corenta anos, tivo que sufrir as arremetidas salvaxes dos gudaris dese grupo que tiña como fin conseguir unhas metas independentistas.

Pero se hai algo, que recoñezo é un sentimento persoal, que me fai amosar o meu rexeite máis contundente a súa legalización, é o recordo de tantas persoas asasinadas polos colaboradores, rama política ou como lle queiramos chamar, destes que agora pretenden que lles creamos que van a ser bos. E sobre todo do meu compañeiro de pupitre e dormitorio, José Antonio Ferreiro. Un rapaz de pouco máis de vinte anos, de Friol, que ao pouco de ser policía, unha bomba lle estragou a vida.

Alguén pensará que terá que chegar o día en que a sociedade española deberá amosala xenerosidade suficiente para arranxalo problema.

Sería un enorme erro histórico e unha afronta ás vítimas que iso se fixera antes de que a organización terrorista deixara de matar e extorsionar, entregara as armas e se disolvera.

Namentres iso non ocorra, so nos queda seguir loitando coas armas do estado de dereito, policial e xudicialmente, e co respecto que as vítimas se merecen. Entre elas o meu non esquecido José Antonio.

Non podemos crer a quen nos estivo enganando unha e outra vez.

E coidado cos erros que se pagan moi caros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.