Ser galego pode ser un problema para seguir en GH

As redes sociais ferven coas declaracións sobre o galego da coruñesa Marta López. Xa hai quen propón que marche do país. Anxo Lorenzo critica os tópicos da concursante.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/02/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Poucas sabían das andainas dunha tal Marta López polas pantallas televisivas. Nada que ver con Israel, o primeiro galego de Gran Hermano e que, anos despois, foi fichado por Xosé Manuel Piñeiro na TVG como reporteiro de rúa. Tamén pasaron por Gran Hermano un galego-senegalés, Andalla, que foi expulsado pola audiencia, como dixo el mesmo, "por ser extranjero" ou Paula, famosa polo seu carácter e por posar medio espida en Interviu. Houbo máis, pero xa sen tanta sona...ata que chegou Marta López, que curiosamente, comparte escenario con outro vigués, Yago Hermida, ex da tamén televisiva Yolanda Berrocal.

Marta entrou na casa de Gran Hermano para amosar a "imperiosa necesidad de demostrarle al mundo que no todas las mujeres somos iguales". A rapaza, de 25 anos, dependenta, presentouse con moito aquel no programa. "Hago lo que quiero y perreo con quien quiero, como quiero y cuando quiero" e que lle gustaba botar "un poco de picante a la vida". Un picante que saltou en forma de galego.

None



"Fóra de Galicia"


E é que as súas declaracións no programa asegurando que "le da el bajón" cando un mozo lle fala en galego fixeron que non sexa unha muller "igual" en Galicia.

No Facebook xa hai un grupo que pide que marche "fóra de Galicia" por "petarda". A páxina abriuse este luns e un día despois xa ten case 1.400 persoas. Galegos e non galegos de todas partes do mundo critican, en galego e en español, as súas palabras e piden que, aínda que sexa paisana, hai que botala fora do programa. Por iso, xa hai quen propón que se fagan chamadas masivas a Gran Hermano para botala da casa.

Tamén no twitter son moitos os comentarios sobre Marta López, que se converteu non dos temas preferidos polos usuarios das redes sociais nos últimos días.

"Reproduce tópicos"

A polémica é tal que ata o propio secretario xeral de Política Lingüística deu a súa opinión. En declaracións a periodistadigital Galicia, Anxo Lorenzo sinala que "reproduce tópicos presentes na sociedade galega, especialmente nunha parte da mocidade urbana da Coruña e Vigo".

"Esta impresión negativa sobre o galego ven de moi atrás, no é dos últimos anos. Desde o século XVIII asociase o galego ao rural e as clases menos acomodadas", aclara. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

23 Manoliño

Ánimo Marta, non comparto algunhas cousas que dis pero as respeto porque sei que recolles unha visión xeralizada entre a poboación xoven urbana. Por outra banda, pensa que te usan a ti para facer un ataque á Coruña, cidade que como ben sabes, se polo nacionalismo fose, estaría afundida no océano. Nunca nos poideron ver.

1 Crunhês

Pobrinho! Os nacionalistas maus (os galegos, pois os nacionalistas espanhóis exaltados são nacionalistas bons) querem-te tirar ao mar com a L ao pescoço... E seica na Crunha não á galeguistas, só espanholistas. Muitos neurônios matou Sir Pacu Vazquez!!!

2 Manoliño

Paco Vázquez, coas suas eivas, foi o mellor alcalde que tivo esta cidade e un dos mellores de Galicia. Se atopas unha cidade galega que conte con sete ou oito bibliotecas municipais polo centro e os distintos barrios, cóntasmo. E sempre nos quixeron mal, sempre lles tivemos a tiña. Calquera cousa que beneficiase a esta cidade foi torpedeada: nin o aeroporto, e aínda lembro a campaña contra o porto exterior, non ao paseo marítimo, non aos aparcadoiros, sempre era non. Aquí era onde había mais simboloxía franquista, onde menos se falaba galego, etc. Sempre transmitindo ideas negativas sobre A Coruña. Nunca nos quixestes ben, e sábelo.

3 Rayleigh

Si..así se nota a cultura desta rapaza. Por ir a tantas bibliotecas colocadas por PAcu. Porto Exterior? Que porto? O que están facendo en ARTEIXO? E o Porto de A Coruña? Ah si..onde se ían colocar rañaceos, non? Por suposto para quen os poidera pagar...Máis simbololoxía Franquista? Home!! E o dubidas?? E que te importa que non vos queiramos ben? Sempre presumístedes de estar por encima do resto de Galicia. E sempre procurástedes vivir de espaldas a ela. Polo menos os vosos políticos. Envexa, de que?

4 Paulo

Manoliño: Contra o porto exterior xa fai campaña o propio mar. Dubido moito que chegue a funcionar nunca. Polo demais, como coruñés direi que hai que ir abrindo os olliños, ese señor do que falas debera e debe pasar polo xulgado a explicar 3 ou 4 cousas... claro que como pertence a pola á que pertence pois é intocable.

5 Tino

Manoli, se esas bibliotecas que dis servisen para algo, na Corunha non se habia permitir que paco fixese o urbanismo que fixo. A cultura debe servir para algo, para melhorar a nosa calidade de vida, non para presumir da cantidade de libros lidos. Que se homenaxee a ese tipo en Mato Grande, en fin

6 Manoliño

É evidente que nunca nos quixeron ben. De feito, os concelleiros nacionalistas que hai hoxe na Coruña, son todos cuneros, ningún naceu na Coruña.

7 Porco Jones

Manolo, eu conhezo ben A Corunha, hai bibliotecas a saco e uns ximnasios públicos que xa lhes gustaría ter en calquera outro sitio, pero aínda así, tes que admitir que a política urbanística de Paco foi uma merda e un ladronicio. Só hai que dar umna voltinha por Eirís, vaia barrio, na vida vin cousa maís fea. O pior é que coma Eirís son cáseque todos os novos barrios de A Corunha. E o que tamén é verdade é que Paco sacou moitos cartos da súa planificación urbanística. Así que, menos alcahuetear....

8 Paulo

Non sei que diaño é iso de cunero... máis se te pos a contar coruñesitos de pro... creo que non contas máis de 1 ou 2! E eses teñen orixes nunha cidade que tiña tanto de urbe como de aldea, claro que aquilo de Sta. María do Campo debe ser por que a decoraban con margaritas o día da festa e tal; si, home, si. Vai dar un paseiño polo casco vello, lee algo das súas igrexiñas, das laudas en galego... e logo fala de cuneiros.

9 Teresa

Claro que si Manoliño, cuneros, o primeiro Negreira, non si? Ainda que se temos en conta que Sir Paco é da Falperra, domiciliado en María Pita, 1 pero na realidade a súa casa está en Gandario (Bergondo)mal imos con esa parvada de cuneros.

22 Anxo no espello

Anxo Lorenzo? Pero se esta moza expresa perfectamente a opinión do goberno para o que traballa. Anxo Lorenzo? Velaquí tes a túa sucesora

21 para ir aprendendo

Que vaia rañala. Seguro que o entende. Non merece nin comentarios, a ignorancia é atrevida, e a incultura máis. Pena que teñan unha canle para amosarlle a súa miseria a milleiros de adolescentes. Iso si que é triste.

1 Nambuangongo

Melhor que a mostre, a ver se sentem um bocadinho de vergonha e espabilam, que há muitos como ela: http://www.youtube.com/watch?v=hz7o...

20 Navegante

Esta pobre rapariga não é mais do que um produto da aculturação que o Estado Espanhol promove na Galiza, e por desgraça não é ela só quem pensa assim, há milhares de pessoas, e cada vez mais. O ódio para eles, o nosso escudo é o amor, assim... que analisemos com sentidinho o que esta pobrinha diz, que vem sendo o discurso de Galicia Bilingüe, UPyD, um setor importante do PSdG-PSOE e ainda outro muito maior do PP, com a gravidade de que gente com essas ideias está a GOVERNAR e a EDUCAR, é dizer, a criar mais e mais pessoas que pensam assim. Isto que diz uma insignificante concursante dum programa-lixo espanhol, é o mesmo que diz Mariano Rajoy, com uma diferença: Marta aspira a dar entrevistas nos programas de cotilheo, e como muito, ensinar as tetas em Interviú, o Mariano aspira a ser presidente do estado espanhol, ou ainda sem sê-lo, a apoiar políticas linguísticas que fomentam o auto-ódio e ingorância que esta pobrinha leva no corpo.

1 Navegante

Uma professora propõe aqui uns excelentes exercícios para analisar em que consiste realmente o PROBLEMA, porque não é uma opinião respeitável, é UM PROBLEMA DE CONVIVÊNCIA: http://aprofa.blogspot.com/2011/02/...

2 Navegante

Os preconceitos, incoerências, deformações e ódios de Marta são evidentes. Mas tu, ESTÁS LIVRE DE PRECONCEITOS? O mesmo SISTEMA ESPANHOLIZANTE que introduziu na cabeça de Marta muita porcaria, também é o que a nós nos educou e educa, e também nós estamos sujeitos a PRECONCEITOS. Pediria-vos, por favor, a todos os que ainda não vistes isto, gastais nestes vídeos uns minutos, e reflexionais sobre algumas das cousas que também nos metem na cabeça, e não só os espanhóis, senão também alguns dos que se declaram galeguistas. http://www.youtube.com/watch?v=gL9W... http://www.youtube.com/watch?v=3_Fb... http://www.youtube.com/watch?v=ggcB... Chega já de fazermos o ridículo, ou o que ainda é pior: NÃO APROVEITAR AS NOSSAS POTENCIALIDADES. Deitemos os preconceitos, e sejamos inteligentes.

3 Teresa

Parabéns Profa! Estou con Pedriñas.....é escola viva. Xa podemos traballar pais, avós e mestres......

19 Guillerme

O da galegofobia da Coruña é un mito. Fun pasar uns días por razóns de traballo, e falei en galego con todo o mundo. Ninguén me puxo mala cara e foron moitos os que me respostaron en galego. Esta foi a miña pequena experiencia.

1 Buli

estou contigo. sou ourensao, trabalhei hoje todo o dia falando com muitas persoas n'a Crunha e corroboro o que dís.

2 Rayleigh

Pois un mito moi ben alimentado polos propios coruñeses. Pacu Vázquez nunca se caracterizou por parecer galego. E temos a Negreira que se se poidera quita-lo cheiro a galego pois o faría..E así con moitos. Moitos que os coruñeses unha elección tras outra encárganse de poñer ahí. E como os votan, estas persoas non pensan en cambiar. PAra que?

3 unhadacoruña

E que me dis de Corina Porro, Abel Caballero, Gloria Lago, Manuel Manquiña, Comesaña? que non se caracterizan por falar galego nos seus discursos, entrevistas, etc Da Coruña? Ai, non que son de Vigo, jajaja Esquece os tópicos anda! senón demostras ser tan cateto como esa rapaza...

4 Rayleigh

Corina Porro é ferrolá. Por avergoñarse se avergoña ata de Ferrol. Manuel Manquiña, é a cuota xeracional que necesita o cine español que deixou Xan das Bolas. Abel Caballero, certo. Non fala moito galego. Pero tampouco se nega. E por certo, el é de Ponteareas. Comesaña..o único no que caigo e Alberto Comesaña de Amistades Peligrosas? Non sei que fixo. Vos tedes a Losada, Pacu, Negreira, Romeu, Carlos Marcos,...entre os máis coñecidos. De dereita, esquerda e de centro. Eu falo de políticos, de representantes que vos mesmos elixides. Que queres que che diga. Aquí polo menos tivemos ata un alcalde del BNG.

5 Rayleigh

E tes razón con Gloria Lago. É a vergoña de Vigo. Cada vez que a miro, dame vergoña ser desta cidade.