Ser galego pode ser un problema para seguir en GH

As redes sociais ferven coas declaracións sobre o galego da coruñesa Marta López. Xa hai quen propón que marche do país. Anxo Lorenzo critica os tópicos da concursante.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/02/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Poucas sabían das andainas dunha tal Marta López polas pantallas televisivas. Nada que ver con Israel, o primeiro galego de Gran Hermano e que, anos despois, foi fichado por Xosé Manuel Piñeiro na TVG como reporteiro de rúa. Tamén pasaron por Gran Hermano un galego-senegalés, Andalla, que foi expulsado pola audiencia, como dixo el mesmo, "por ser extranjero" ou Paula, famosa polo seu carácter e por posar medio espida en Interviu. Houbo máis, pero xa sen tanta sona...ata que chegou Marta López, que curiosamente, comparte escenario con outro vigués, Yago Hermida, ex da tamén televisiva Yolanda Berrocal.

Marta entrou na casa de Gran Hermano para amosar a "imperiosa necesidad de demostrarle al mundo que no todas las mujeres somos iguales". A rapaza, de 25 anos, dependenta, presentouse con moito aquel no programa. "Hago lo que quiero y perreo con quien quiero, como quiero y cuando quiero" e que lle gustaba botar "un poco de picante a la vida". Un picante que saltou en forma de galego.

None



"Fóra de Galicia"


E é que as súas declaracións no programa asegurando que "le da el bajón" cando un mozo lle fala en galego fixeron que non sexa unha muller "igual" en Galicia.

No Facebook xa hai un grupo que pide que marche "fóra de Galicia" por "petarda". A páxina abriuse este luns e un día despois xa ten case 1.400 persoas. Galegos e non galegos de todas partes do mundo critican, en galego e en español, as súas palabras e piden que, aínda que sexa paisana, hai que botala fora do programa. Por iso, xa hai quen propón que se fagan chamadas masivas a Gran Hermano para botala da casa.

Tamén no twitter son moitos os comentarios sobre Marta López, que se converteu non dos temas preferidos polos usuarios das redes sociais nos últimos días.

"Reproduce tópicos"

A polémica é tal que ata o propio secretario xeral de Política Lingüística deu a súa opinión. En declaracións a periodistadigital Galicia, Anxo Lorenzo sinala que "reproduce tópicos presentes na sociedade galega, especialmente nunha parte da mocidade urbana da Coruña e Vigo".

"Esta impresión negativa sobre o galego ven de moi atrás, no é dos últimos anos. Desde o século XVIII asociase o galego ao rural e as clases menos acomodadas", aclara. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

13 Andamolho

Velaquí unha realidade,a que agardamos?E hora de exixir, xa abonda de laios,cada un de nós temos na nosa man dicir que non a quen non respecte a nosa lingua,actuar na nosa vida diaria,no café, na tenda no banco etc.etc.darlhe valor a nosa lingua e darnos valor a nos mesmos http://www.youtube.com/watch?v=hz7o...

12 luis

ESte grupo vai por riba dos 17000, http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=126633860738286

1 luis

11 merlo

unha dependenta dando leccións linguisticas....jajajajaj¡¡¡¡¡ que a fiche feijoo e a coz antigallega¡¡¡¡

10 Bertucho

Pode dicirme o señor secretario xeral de política lingüística que fai respondendo preguntas de Periodista Digital Galicia, un medio que se destaca polo seu sensacionalismo, por non enterarse nin das supostas noticias que queren dar (a maioría das cales teñen erros nas fontes, na identificación de protagonistas, etc.) e de ter tan pouco vontade deontolóxica e mesmo democrática?

9 tino

"cultura" galegófoba feijoniana e pepeira