Da Coruña e Vigo? Sobre todo de Vigo. En Coruña aínda atopas mocidade que usa o gelego ou que o defende aínda que non o use. Pero en Vigo?? Atopar unha moza ou un mozo que fale galego é máis difícil que pintar un peido de cores.
Ola!
Sonche vigués de nacemento e morada, teño 20 aniños e son galegofalante a tempo completo. Non é que petemos a cidade, pero...exisitmos!
Dáme a sensación de cheirar algo da tradicional competencia Coruña-Vigo...engánome?
Equivócaste. Son de Cacheiras (Teo), pero coñezo moi ben Coruña e tamén Vigo e, por suposto, Compostela. Pódoche asegurar que Coruña é unha das cidades máis galeguistas, incluso máis que Ourense (cidade). Actualmente, éo máis que Compostela, onde, desde que somos capital hai unha fartura de pijos que non dan palabra en galego e que che miran mal se o usas en público. Unha vergoña. O dito, Coruña é unha das cidades galegas onde se usa máis o galego, incluída a mocidade, ou polo menos a min párecemo. Xa ves que non traballo con tópicos. Non quero dicir que non haxa moita xente que non o usa e que fala en "coruño", pero incluso esa mocidade que usa o "coruño" ten un sentimento nacional de Galiza moi forte (sentimento que en Vigo é máis feble, aínda que tamñen existe). Noraboa por usar o galego nunha contorna tan hostil. Ten moito mérito.
Quería dicer, "de cheirar algo da tradicional competencia Coruña-Vigo no teu comentario".
Desculpen
Equivócaste. Son de Cacheiras (Teo). Coñezo ben case toda Galiza e especialmente Coruña (nacín e me criei alí). Tamén coñezo Vigo e teño bo/as amigo/as de aí. Póoche asegurar que Coruña é, das cidades grandes, onde máis galego se fala (coido que incluso máis que en Ourense capital) e quizás menos que en Lugo. En Corula é bastante normal escoitar a mocidade falar galego, cousa que en Vigo hai anos que non percibo. Incluso Compostela, desde que somos capital, perdeu moita o uso do galego entre a xente nova. Agora hai unha fartora de pijo/as que só falan en español e que te miran mal se falas en galego e din moito iso do "galego é bruto".
Que non se entenda o meu comentario como un ataque á Coruña, non dubido de que hai moito de esaxeración no tópico antigalego da Coruña. Hai tanto antigaleguismo en Vigo como na Coruña, por desgraza, e cada vez máis polo energúmeno que temos de alcalde. Era só unha puntualización. Hai rapaces e rapazas en Vigo que usan o galego no seu día a día.
Así é ghichiño. O importante é saber que estamos aí, sexa onde sexa. Somos galegos e sentímonos ben sendo o que somos, que non che é brincadeira. Un saúdo galeguista.
A realidade, que en Vigo e cidade o que chaman de Aluvion, moita xente e de fora, e por querer facerse un espazo na cidade, pretende botar ao lixo a todo o que cheire a Galego, para ser alguen. Pousada, La Licoreira, Larrauri, e demais bifidos a maior parte de eles son de Vigo, e casi sempre os pais mais as familias son de fora. esa e a realidade. Polo xeral e normal falar de desprezo dos de Ourense, que non e outra cousa que desprezo aos Galegos. Pero tamen somos moitos os que estamos moi pero moi orgullossos de ser o que somos GALEGOS, CON LETRAS BEN GRANDES, que si non o falamos sempre, o facemos sempre que podemos, e con moitas gañas de tapar a boca a mais de un. VIVA, GALIZA, VIGA VIGO E VIVA CORUÑA
Concordo ao 100% co comentario de GALEGO.
É tal, o fenómeno da caída do uso do idioma en Vigo veu motivado principalmente pola chegada masiva de xente de concellos do interior para traballar na cidade, que como viñan precisamente á cidade, pensaban que para progresar precisarían falar castelán e ensinarlles esta lingua aos fillos, de xeito que os complexos polo galego estendéronse como a pólvora. Non se me malinterprete, non é un ataque aos galegos do interior (eu son descendente desa inmigración, vaia!)
Pero a xente orixinaria de Vigo falaba galego maioritariamente. E ben bonito. Agora é moi difícil escoitar ese galego, mais se un presta atención sobre todo á xente maior dos bairros máis periféricos do centro pode escoitar un maravilloso seseo, xente con gheada suave...unha delicia. Que por desgraza, pérdese a pasos axigantados...
Viva Galiza! =D
Penso que esquecedes Ferrol, cidade contra a que non teño nada, pero penso que é onde mais difícil resulta atopar a alguén que fale galego. Eu coñezo uns cantos ferroláns, e so un fala galego. En calquera caso teño unha amiga galego falante que chegou á Coruña nos 80 e di que esto cambiou, que antes mirábana mal se falaba galego e agora non ocorre. O nacionalismo demonizounos tanto, que a xente colleu medo, e sendo o castelán a lingua maioritaria, en xeral penso que a poboación non ten problemas en cambiar de rexistro lingüístico cando o contertulio é galego falante. E unha das cousas que favoreceron os pescadores a río revolto son os piques Coruña-Vigo, estupidez que so perxudicou a ambas cidades e favoreceu a quen pescaba...
Un apuntamento. O Larrauri ese, que de vez en cando deixa súas chorradas nas cartas ó director do Faro de Vigo, non é vigués. Nin sequera é galego. El mesmo recoñece que veu a Vigo hai 27-28 anos. E polo visto é o gauleiter de UPyD nas próximas eleccións.