Drogas y adolescencia

Os accidentes de tráfico, o fracaso escolar, os conflitos sociais e os episodios de agresividade poden ser indicativos de consumo de droga polos adolescentes.

Por José Freire | Pontevedra | 14/05/2011

Comparte esta noticia

É un erro pensar, por parte dos pais, que os meus fillos non poden consumir droga xa que non presentan síntoma ou signo algún dos descritos. Os estereotipos sempre son indicativos pero, as veces, levan á confusión e a unha falsa seguridade.

Non podemos esquecer que, un de cada tres xoves, entre 15 e 16 anos, consume algunha droga ilegal, un de cada tres emborráchase e dos de cada catro fuma diariamente.

Cando falamos de droga é necesario subliñar que estamos a falar de toda substancia que introducida no organismo, por calquera vía, pode alterar dalgún xeito o sistema nervioso central do individuo, ademais de poder crear dependencia, xa sexa psicolóxica, física ou ámbalas dúas.

Os adolescentes desenrolan distintos roles segundo o momento e lugar no que se atopan. Así desenrolan papeis distintos na escola, no lugar de traballo ou cando se atopan entre os seus amigos que cando están no núcleo familiar. Estes roles distintos orixinan que a actitude dos adolescentes  e o seu comportamento, sexa distinta  en función do lugar no que se atopan.

As saídas do fin de semana representan un lugar importante  no ocio da xuventude e, sobre todo, no que se ven  en chamar saír de marcha ou de botellón. Este período de ocio é vivido con certa permisividade social polos xoves, coa sensación de poder realizar actividades contrarias ao orde social establecido, incluíndo o consumo de alcohol e certas drogas.

Isto explica que de luns a venres os adolescentes representen un rol familiar e social plenamente aceptado e que os fins de semana, unha vez liberados da orde familiar e institucional, presenten unha actitude e conduta diferente.

Saír de marcha ten algúns problemas. O consumo de drogas no ámbito nocturno é unha realidade. Drogas legais e ilegais, como o alcohol, o tabaco, cannabis, cocaína, LSD, éxtases, heroína, e un longo etc., “rulan” entre os adolescentes de 14 a 18 anos.

Máis estariamos equivocados se pensamos que saír de marcha é o único factor que determina o consumo de drogas. Existen unha serie de variables aceptadas como indutores ao consumo de drogas: afectivas, sociais, ambientais...

Por iso é importante que se inculque aos adolescentes unha cultura sobre os riscos da droga. Asemade é preciso definir unhas normas sociais claras e concisas sobre a droga. Non se pode confundir ao adolescente con mensaxes equívocas. Resulta fundamental  potenciala auto- estima do adolescente e establecer un bo desenrolo da súa conduta e comportamento.

En calquera caso, o estudo do fenómeno da droga debe basearse en tres piares: a substancia, a persoa e o entorno, e non podemos esquecer ningún deles cando analicemos este fenómeno dende un punto de vista preventivo, curativo ou paliativo.

Estamos obrigados a coidala sociedade de mañá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.