Presenza policial

Velaí unha das demandas máis reiteradas. Os cidadás teñen necesidade de seguridade, e nos tempos que corren moito máis, e reclaman presenza policial.

Por José Freire | Pontevedra | 19/09/2011

Comparte esta noticia

Nembargante, cabe interrogarse se é a presenza policial que solicita o cidadá a mesma que os policías lle ofrecemos. Cando o cidadá denuncia está a informar dun tipo concreto de inseguridade, o que se coñece como obxectiva. Cando presenta unha demanda o fai da subxectiva.

Ante unha denuncia, a Policía reacciona e adopta as medidas máis axeitadas para resolver ese caso concreto e dispor os servizos máis convenientes para evitar que volva a repetirse.

Pola súa participación coñecemos cáles son os medos dos cidadás. Pero a resposta policial ¿debe sela mesma que nos casos da denuncia?.

O cidadá, cando presenta unha demanda por un determinado problema de inseguridade nos está a dicir, dun xeito simplista, qué necesita el para que ese problema se solvente. Digo simplista porque descoñece os mecanismos e os factores que inflúen na delincuencia e recorre á forma máis elemental e visible da actividade policial, a presenza.

Os policías son os profesionais da seguridade e os máis capacitados para determinar cál é a solución máis axeitada. Isto non quere dicir que o cidadá non saiba o que quere, ou que lle teñamos que dar todo o que nos pide, ou que nos lle deamos o que máis nos interesa.

O verdadeiro significado dunha demanda pasa pola verdadeira interpretación da mesma. É dicir, coñecelas causas que a provocaron. Coñecendo estas causas pódese buscala solución máis eficaz, que non sempre pasará pola presenza policial. A estamos utilizando como instrumento disuasorio e preventivo, intentando solucionar con ilo problemas de inseguridade obxectiva e subxectiva. 
Non debemos esquecer que prever significa dispor, preparar anticipadamente algo para un fin, neste caso impedir a actuación do delincuente. Disuadir  é inducir, mover a un a trocar de ditame ou a desistir do seu propósito.

Na actualidade o tipo de presenza policial que se está a ofrecer ó cidadá ten carácter disuasorio. Só se acadará un certo grao de prevención cando no deseño das patrullas urbanas interveñan dúas fontes de información: as estatísticas de criminalidade e de victimización, que nos indican os lugares, vítimas e delitos máis frecuentes; e as necesidades dos cidadás  que nos sinalan os lugares, horas, días e actividades nas que se senten máis inseguros.

Pero as estatísticas  e as necesidades refírense principalmente ónde debe actuar a policía. Polo tanto estamos ante unha policía orientada ó delincuente. Máis se queremos desenrolar unha tarefa preventiva temos que enfocala actividade da policía cara ó cidadá.

Resumindo: a participación do cidadá aporta ós funcionarios unha nova perspectiva do servizo que prestan, facilitando a súa adaptación a esas necesidades, mellorando en eficacia e calidade. Esta nova perspectiva debe incorporarse ós instrumentos de análise de cara a planificación dos servizos, co fin de que respondan en todo momento ós factores obxectivos e subxectivos que inciden na inseguridade.

Namentres isto non suceda pouco poderemos avanzar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.