Unha persoa ferida tras arder por completo unha vivenda en Bergondo (A Coruña)

Un veciño de Silleda (Pontevedra) recibe asistencia sanitaria tras incendiarse unha caixa con roupa na súa casa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este venres tras arder "por completo" unha vivenda en San Fiz de Vixoi, no concello coruñés de Bergondo.

Tal como informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia do ocorrido sobre as 19,30 horas deste venres, cando un particular informou do suceso. Na chamada, esta persoa indicaba que o propietario da vivenda se atopaba fóra da casa.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose en contacto cos Bombeiros de Betanzos, así como cos axentes da Policía Local, coa Garda Civil, con Protección Civil e cos servizos de urxencia sanitarios.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o interior da vivenda ardeu "por completo, quedando só en pé os muros da casa". Así mesmo, o dono foi trasladado polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

INCENDIO EN SILLEDA

Doutra banda, unha persoa recibiu asistencia sanitaria no lugar de Curro, no concello pontevedrés de Silleda, tras resultar afectada o fume dun incendio declarado no interior dunha vivenda.

Segundo o 112 Galicia, o lume iniciouse ao redor das 03,00 horas da madrugada deste sábado, e ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Deza e os axentes da Garda Civil.

Unha vez apagado o incendio, que proviña dunha caixa de plástico con roupa, os profesionais sanitarios trasladaron unha persoa con problemas respiratorios ao centro sanitario para a súa valoración.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta