Feijóo e Herrera utilizan o foro Galicia, Asturias e CyL para criticar a Cataluña e aos independentistas

O presidente asturiano denuncia que o noroeste non exista "nos mapas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/02/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León, Alberto Núñez Feijóo, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, reivindicaron este martes nun acto en Madrid o noroeste de España e o desenvolvemento de investimentos como o Corredor Atlántico, que impulsará a rexión pero tamén ao conxunto do país. "Non miren tanto á dereita", resumiu con ironía Feijóo.

O acto, organizado por Nova Economía Fórum, era unha convocatoria a favor deste corredor pero o tres presidentes aproveitaron para apostar pola colaboración entre autonomías, defender a súa "lealdade" co Estado en contraste co independentismo e para reivindicar o seu peso e a súa importancia no conxunto do país; a súa aposta é "a España equilibrada", en palabras de Núñez Feijóo.

"Unha España equilibrada é incompatible con concesións e con fillos pródigos que, lonxe de volver a casa, a denigran. É incompatible con decidir investimentos estratéxicos segundo a capacidade de presión de determinadas forzas políticas", engadiu.

Fernández asegurou que existe unha rexión que non sae nos mapas, o noroeste español, que non comprende España como "unha tensión permanente entre os seus partes" e que entende as diferenzas mentres non se convertan en privilexios.

Herrera reclamou pola súa banda que se xulgue como funciona o Estado autonómico pola achega precisamente de comunidades como estas tres, que "cren" nese Estado, e non "polo mal uso que algúns fan del para contendas identitarias sen sentido nin futuro".

Corredor do Atlántico. XUNTA
Corredor do Atlántico. XUNTA | Fonte: Europa Press

APOIO

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia encomiou aos presidentes de Asturias, Javier Fernández, e de Castela e León, Juan Vicente Herrera, na súa despedida da primeira liña política e reclamou que a colaboración entre gobernos, como os destas autonomías, "transcenda" aos seus actuais dirixentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta