A formación na Policia

O profesor Queralt, prestixioso xurista, define a función policial como a prestación dun servizo público por uns organismos que, profesionalmente e de xeito exclusivo, dedícanse o mantemento da orde e á protección da seguridade, a garantilo libre exercicio de dereitos e liberdades, a aseguralo normal funcionamento das institucións, á prevención do delito, ou se estes xa foran cometidos, a levar a cabo as investigacións necesarias para descubrir ós culpables e poñelos a disposición da autoridade xudicial, xunto cos efectos , instrumentos e útiles que tiveran relación co delito.

Por José Freire | Pontevedra | 08/11/2011

Comparte esta noticia

Da opinión deste profesor podemos concluír  como atribucións á función policial: as auxiliares ou asistenciais, preventivas, coercitivas, de control, burocráticas e administrativas.

Poderá sorprender o comprobar que a cidadanía outorga un significado de atribución funcional asistencial á organización policial que escapa, en ocasións, ás formulacións de obxectivos da propia policía.

O cidadá quere unha policía tecnicamente ben preparada e dotada con recursos suficientes, humanos e materiais e, dende logo, respectuosa cos dereitos e liberdades ratificados no ordenamento xurídico español.

Unha policía próxima ó cidadá, alcanzable, cuxos canles de comunicación estean sempre abertos e funcionen en ámbalas dúas direccións.
Prefire unha policía máis preventiva que represiva, aínda que admiten esta faceta, incluso en algúns casos esixen máis contundencia, sobre todo cando se trata de certos fenómenos delituosos.

Unha policía transparente, asistencial, aberta ó cidadá na súa forma de traballar, sempre que no afecte negativamente á operatividade; integrada na sociedade e que non desconfíe dela de xeito sistemático.

En resumo, os colectivos cidadáns demandan da Policía que se converta na “súa” Policía ou, noutros termos, sentirse seguros de poder outorgarlle a súa protección  a unha moderna organización na que confían porque defende os valores legais e xurídicos en que estes colectivos se desenrolan.

Para que unha organización policial responda con exactitude ás esixencias concretas que os cidadáns demandan, é preciso dotala dunha formación esixente e axeitada, comprometéndose cuns criterios formativos modernos, axeitados ó momento no que vive, identificados coa realidade e asumidos polos seus compoñentes.

Resulta especialmente importante a formación permanente dos funcionarios da Policía nos eidos xurídico, técnico - operativo e psicosocial . Pero no é menos o sistema de selección do persoal de novo ingreso que deberá perfeccionarse continuamente coa finalidade de buscalo perfil do funcionario policial de cara a conseguilos obxectivos que, como servizo público, ten asignados e que debería contar, polo menos, con algunha destas calidades: boa saúde física, boa presenza, intelixencia xeral media, comprensión verbal, capacidade de atención e alerta, capacidade de síntese e análise, don de xentes, amabilidade, humanidade, rapidez de reacción, cortesía e firmeza...

Non cabe dúbida que esta formación, sobre todo a permanente,  supón un gran esforzo, que a Dirección Xeral da Policía non está afrontando, polo que deben ser as organizacións sindicais as que cubran este déficit.
Unha lagoa máis no paso de D. Alfredo polo Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.