Ao servizo do pobo

Como rexeite a algunhas actuacións policiais acontecidas nas derradeiras datas, foron moitas as persoas que utilizaron estes feitos para dicir que a policía está para servir ao pobo. Pero non dixeron de que forma se articula isto, e que non é a policía quen debe decidir, en cada momento, que ten que facer para poñerse de parte do pobo, que loxicamente, e segundo os que utilizan esta frase, será a favor de que con toda, parte ou ningunha razón, deciden cortalo tráfico na rúa, por exemplo. O feito de que alguén teña toda a razón para protestar non engade nin resta nada á actuación policial, xa que ese malestar pódese organizar legalmente para facelo mesmo, pero cumprindo as normas. E serva como exemplo as manifestacións multitudinarias dos sindicatos de clase de fai uns días, sen ningún incidente salientable.

Por José Freire | Pontevedra | 04/03/2012

Comparte esta noticia
A Policía está ao servizo do pobo. É certo. Máis ¿como se traduce isto na práctica diaria?. Precisamente en que obedece as ordes dos delegados e subdelegados do goberno, dos seus mandos naturais, e estes dos responsables políticos que os españois eliximos. Non hai outra forma coñecida mellor de que a Policía actúe, salvo nos países non democráticos ou con democracias pouco consolidadas onde os cidadáns case que temen máis a un policía ca un delincuente. Ante isto alguén pode dicir “aquí tamén” e sobre todo se pensa neses enfrontamentos que se producen nas rúas, máis iso non deixa de ser froito da supina ignorancia ou a estreiteza de miras.
 
Cando alguén pide á Policía que se poña de parte do pobo se cortan unha rúa, estase a referir a que se poña a favor dos que cortan a rúa, pero non doutros, tamén pobo, que queren circular para ir á compra, ao médico, ou simplemente porque lle da a gana, e porque teñen dereito a facelo.
 
Estamos a falar desas persoas que pensan que eles, as súas ideas e as súas actuacións, sempre representan ao pobo, aínda que ninguén os elixira para ilo e, nembargante, quen foi elixido e dirixe a Policía son, ou somos, uns “bellacos” inmorais que actúan contra os seus intereses.
 
A mellor e a única forma en que a Policía pode ser útil, eficaz e servir aos cidadáns, é sendo disciplinada e cumprindo as ordes que emanan dos responsables políticos, a quen pon e quita o pobo cando vota. Non se coñece outro xeito de organización social mellor e quen a teña, ou saiba onde existe, que o diga. Pero non valen teorías fantásticas que non se poden probar. O país de todos bos ou sociedade igualitaria en plena liberdade e sen problemas non existe.
 
O Funcionario de Policía tamén actúa, como nos casos de desaucios, cumprindo ordes xudiciais que, de non facelo, e o digo para eses que piden sempre que se poña do lado do débil, pode carrexar unha denuncia penal, condena e expulsión da Policía.
 
So dende a demagoxia, a ignorancia ou o descoñecemento se pode pensar que o que un policía se negue a cumprir unha orde lexítima resulta gratis. É non é así. 
 
Pódeselle pedir a un policía que se tire ao mar para salvala vida duns xoves, aínda que sexa á costa de perdela súa, pero non se lle pode esixir que perda o seu traballo por solidariedade con alguén que está incumprindo a lei.
 
Hipocrisía e cinismo, o xusto e necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.