Artigos de Galicia Confidencial

Advertencia

Temos que pedir aos que se adican a escribir en todos os post usurpando identidades doutros e rebentando os foros que se absteñan de facelo. De seguir por ese camiño procederemos a identificalos e a bloquealos. Un saúdo, GC

OPINIÓN.- As contas do leiteiro

 Por Xosé Manuel Barreiro. Hai algunhas semanas, a raíz dun informe do Consello de Contas sobre o grao de execución orzamentaria no Concello de Lugo, tildaba ó Goberno que dirixe José Clemente López Orozco de ineficaz...

OPINION.- A morte orgánica

 Por Xurxo Ayán. Seica nos Estados Unidos está a triunfar a morte orgánica, a volta aos antigos rituais funerarios, un froito máis da crise económica que leva aos cidadáns a prescindir dos gastos vencellados ao grande negocio da morte (cadaleitos de luxo, tanatorios, pompas fúnebres...) nunha surrealista e pragmática volta á Tradición. Confort, servicio, modernidad, buen gusto. Este é o lema dun tanatorio nunha grande urbe galega. Este sector económico da funébria (como din os portugueses) crea toda unha paisaxe, a paisaxe da Modernidade...

OPINIÓN.- Sobre Millán Astray

Semella que a estatua-homenaxe ao fundador da Legión na Coruña está dando moito que falar. Ademais das polémicas xurdidas neste mesmo medio, reproducimos dous artigos de opinión sobre a cuestión; os de Mar Barcón e Xurxo Ayán...

OPINIÓN.- Si a Educación para a cidadanía

 Por José L. Orozco. Unha amiga miña, mestra, está moi contenta porque neste curso escolar vai impartir "Educación para a Cidadanía". Non entendíamos ningún dos dous os receos que mostran algúns, mesmo líderes de partidos políticos, xa non só sobre os contidos senón tamén sobre a propia existencia de dita materia. Temos claro que non pode significar un adoutrinamento dos alumnos senón que ten que ser un camiño para facer o que di o propio título da disciplina...

OPINIÓN.- Reunión de célula

 Por Xurxo Ayán. Rotislav non puido saír do seu país, Chequia, até 1990. Montañeiro acérrimo, dende aquela adicouse á súa paixón agochada: viaxar. O seu pai xa fóra un cú inquedo, traballando na década de 1970 como instructor en Cuba, seguindo a máxima da colaboración entre pobos socialistas. Estudante de Psicoloxía e Económicas, veu a Compostela un cuatrimestre no curso 1999-2000. Os debates noitaregos con licor café daban para moito. Malia que era un neoliberal convencido (as súas razóns tería) nunha cousa non puiden levarlle a contraria porque a súa mirada de xenreira o dicía todo. Refírome ao seu noxo cando vía polas ruelas do campus ou nalgúns garitos o careto de Lenin, a fouce e o martelo, os pósters desgastados da loita comunista. Non comprendía como iso non estaba prohibido. Eu tentaba explicarlle que no franquismo o PC e afíns puxeron os mortos, que aquí foi símbolo da loita pola democracia na dictadura e que a nosa traxectoria pouco tivo que ver co devalar histórico de Checoslovaquia. Pero daba igual. Limitábase a dicir que eramos uns necios porque xogabamos con historias que non nos tocaran vivir, por sorte...

GC tamén colle vacacións

A partir de hoxe as actualizacións desta páxina non serán as que desexariamos. A maioría dos que facemos isto ou marchamos uns días ou xa estamos de vacacións. Tentaremos actualizada diariamente aínda que non prometemos nada. En todo caso, abriremos campos para que sexades vos os que introduzades temas de actualidade para debatir sobre eles. Un saúdo e felices vacacións para os que tamén marchedes, paciencia para os que aínda estades pendentes delas e para os que xa as desfrutastedes, a cargar pilas de novo. ;)))