Artigos de Ramón Torrado

O camiño á invisibilidade

Para o meu pai, que amaba o dito “Facta, non verba”

Unha obra ferriniana de Airiños

Ferriniana non por Bryan Ferry senón por Xosé Luís Méndez Ferrín, autor do guión orixinal que data de 1983, Celtas sen filtro é a comedia que o grupo teatral rianxeiro Airiños acaba de adaptar á actualidade do ano 2015.

Castelao vía a plenitude da lúa

Conexións. Antes de nada, debo confesar a miña condición de neófito no tema de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. Ata este mes de outubro de 2014, pouco sabía da vida de Castelao e aínda non lin ninguna obra súa completa. Tal como me sucede con Dante e con Onetti, con Willa Cather e con Proust, reservo a lectura das obras do autor de Rianxo para un futuro incerto.

ABBA : esplendor escandinavo en Galicia

Ao grupo de 3ºB no Instituto “A Cachada” de Boiro... Recordos. O impacto dos suecos ABBA na miña vida foi extraordinario. Dous compositores, o guitarrista Björn Christian Ulvaeus e o teclista Guron Bror Benny Andersson, xunto coa soprano alta Agnetha Asa Fältskog e a mezzosoprano Anni-Frid Lyngstad, nacida en Noruega, crearon unha ilusión que chega ata o día de hoxe.

Profundizando nas entrañas do meu corazón

A nostalxia preside a miña vida. Supoño que non é este o estado máis recomendable, pero non semella doado liberarse desta sombra. Con todo, non sempre será algo negativo.

Onde están?

Din que Kevin Weatherill, cantante do grupo británico de Kent chamado Immaculate Fools, se namorou en Galicia dunha moza de dezasete anos de Guitiriz chamada Cristina Fraga. Eses amores foron ó parecer moi comentados, causando que el escribira unha canción chea de amargura e rabia titulada en español “Cotillas”.

Flashes azuis de brillantez

Recortes positivos. Organizando papeis e buscando información sobre un poeta para un amigo, encontro un sabor a felicidade entre un mar composto de miles de artigos recortados de xornais e revistas dende principios dos amados anos oitenta. As sensibilidades de milleiros de almas artísticas estoupando no papel levan a unha sucesión de miniepifanías que traen luz a esta época escura de sufrimento.

Anxos Sumai e a estrañeza

Unha airexa move o cabelo indomable da moza a carón do regato de Craveiro. Mira no seu pulso esquerdo as cintas negras que corresponden a cada membro falecido da familia. Pon o casco prateado que reflicte a imaxe espectral do vello drakkar traído ao alto do monte e de súpeto golpéase na pesada malla de armadura que cobre o seu peito, presa do tormento por un amor perdido que consome os seus días e as súas noites. O vento fai bailar agora o cabelo roxo sobre os ollos e lambe a bágoa que corre polo seu rostro e ...