A Xunta négase a negociar o horario lectivo co Goberno central ata que non pague a débeda con Galicia

Os sindicatos insistiron en que xa hai comunidades autónomas que decidiron reverter os horarios ao modelo anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A reversión do horario lectivo previo á crise económica situouse no centro das demandas do profesorado galego este curso. A pesar diso, a Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade avisou de que esta discusión, de momento, terá que esperar, e argumentou unha cuestión de responsabilidade ante a "inestabilidade" do Goberno central e a "débeda" que mantén coa comunidade galega.

Así o trasladou este martes a titular do departamento autonómico, Carmen Pomar, a preguntas dos medios por esta reivindicación concreta dos sindicatos docentes, que demandan a apertura dunha mesa de diálogo para recuperar os dereitos perdidos por este sector debido aos recortes.

O Goberno presidido por Alberto Núñéz Feijóo, a través do entón conselleiro Jesús Vázquez, impulsou esta medida na comunidade, que supuxo o paso de 21 a 25 horas en educación infantil e primaria, e de 18 a 20 en secundaria.

Pomar apelou a ser "responsables" e rexeitou pór este debate "encima da mesa" neste momento "coa inestabilidade" que persiste no Goberno estatal, un executivo "que está en funcións" e non se sabe "ata cando".

"Eu creo que se necesita esa estabilidade no goberno do Estado para pór encima da mesa temas como horarios lectivos. Tamén o tema de orzamentos que é moi importante. Hai unha débeda con Galicia e esa débeda interfere sobre determinadas decisións", incidiu, en alusión aos 700 millóns reclamados pola Xunta.

A pesar diso, os sindicatos insistiron en que xa hai comunidades autónomas que decidiron reverter os horarios ao modelo anterior, despois de que a derrogación do Real Decreto que estendeu esta medida a todo o Estado durante o Goberno de Mariano Rajoy

Protesta da CIG este luns
Protesta da CIG este luns | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta