Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/05/2012 | Actualizada ás 21:51
O Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da lingua galega, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Confederación Intersindical Galega–Ensino e a Mesa pola Normalización lingüística chegará a Santiago o luns 7 de maio tras o seu paso por Ourense, Narón e A Coruña.
Na organización participan os Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Santiago e A Coruña abandonaron o apoio a este evento despois da vitoria do PP nas municipais.,
Despois de Compostela, as carreiras pola lingua continuarán en Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte para remataren en Viveiro o 16 de maio. A carreira reivindica a plena normalización da nosa lingua, consiste nun manifesto escollido de entre todos os que se presentaron a concurso, e que nesta edición gañou o alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures, que será o encargado de darlle lectura no Correlingua de Santiago.
As festas finais do Correlingua, ademais de contaren coa participación directa do alumnado participante, terán as actuacións -segundo o día e lugar- da actriz Iria Sobrado do grupo gañador do concurso musical Cantalingua 2012, onde o alumnado escolleu que grupo galego para actuar nas festas do Correlingua, e que gañou o grupo Xenderal, que actuará en Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.