As veas sangrantes do nacionalismo galego

Galicia queda sen coalición nacionalista. O BNG presentarase só, En Marea e CxG decidirán nos vindeiros días o seu futuro electoral e Anova acorda non presentarse o 10N.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 30/09/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O nacionalismo segue supurando Amio por todas as veas. Pasaron sete anos desde a gran ruptura do nacionalismo e as feridas non dan fechado. Semella, ademais, que aumentan ano tras ano. A última posibilidade dunha gran fronte nacionalista para o 10N, frontes que existen en Catalunya, Euskadi ou Nafarroa, con posibilidades de poder volver a Madrid quedou en nada. Ningún dos actores deu o brazo a torcer ou xogou ao despiste ata o último momento e, onde non hai berzas, pouco e bo caldo vai dar.

Ana Pontón e Luis Villares
Ana Pontón e Luis Villares | Fonte: EPG

Foi En Marea quen lanzou a oferta o sábado 24 de setembro tras un Consello da formación, o domingo era CxG quen se sumaba á mesma oferta tras a asemblea nacional celebrada tamén durante esa fin de semana. O BNG e Anova deron o silencio por resposta. E, a partir de entón, a incerteza duns e doutros.

En Marea xogou ao despiste cunha oferta que era galega pero na que quería tamén incluír unha vía estatal cun posible pacto coa nova formación de Errejón, Más País. E foi aí, cando o BNG atopou a xustificación para pechar calquera porta co partido de Villares.  "Cando alguén está preocupado polo relato, por airear e tentar construír a súa verdade, se cadra o que non quere son acordos", espetou Pontón este luns a preguntas do GC sobre a proposta de Villares, que cualificou de falta de "seriedade".

Realmente, a porta do BNG xa estaba pechada case desde o minuto 1. E os de Villares tamén estiveron tanteando outras posibilidades cos de Errejón. Unha vía que se pechou definitivamente este domingo tras constatar que se poderían repetir os problemas e a desfeita que aconteceu con Podemos, EU e Anova durante esta lexislatura e, sobre todo, ao ver que Más Madrid non ten unha "axenda galega".

NA PROCURA DE ARGUMENTOS

Este xiro final serviulle ao BNG para cambiar de argumentario. Se antes, a proposta de Villares era "un circo madrileño", por ir con Errejón, agora segue sendo "outro circo pouco serio". Iso, si, o BNG negouse a dicir se tiña avaliado seriamente a oferta de En Marea. "Nunca facemos público con quen nos reunimos ou non", dixo Pontón.

Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG
Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG | Fonte: www.bng-galiza.org

Anova, a outra formación que tampouco se lle esperaba para esta coalición, acabou, como nos anteriores comicios, indo pola vía do medio para non presentarse, nin cos seus aliados de Podemos e Esquerda Unida, nin coa "vía galega" proposta por En Marea e Compromiso.
A división desta división da división do nacionalismo galego é tal que tampouco hai acordo entre as bases e a dirección sobre o mellor camiño. Así que, ao final, van pola vía do medio que non contenta nin a uns nin a outros.

"Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás próximas eleccións xerais", anunciaba este luns.  "Verificamos que os intereses dos partidos estiveron por encima dos intereses da xente do común", destaca nun comunicado no que tamén se denota a existencia de problemas cos seus socios no Parlamento galego e as dificultades que poden existir de cara a artellar unha nova coalición para as eleccións galegas.

Tampouco houbo tempo para analizar a oferta lanzada tamén por CxG, só atendida por En Marea e polo BNG, de xeito non oficial. Tan trapalleiras eran as conversas de todos os actores nacionalistas galegos, cada un mantendo a súa axenda e a súas tácticas, que, finalmente, non houbo acordos posibles, polo menos, en forma de coalición.

Pero hai quen di que todas as portas non están fechadas aínda. Agora toca agardar para ver se hai posibilidade de que se chegue a mínimos pactos entre algúns destes actores antes do vindeiro 7 de outubro, día final para presentar as listas. Sería un pequeno xesto para evitar que sigan sangrando as veas do nacionalismo galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

9 Mugueimes

Que faria um deputado do BNG em Madrid? Fechar os olhos e votar PsoEspañol! E igual do En Marea e Más País (España), nascem para apoiar o PsoEspañol. Ou do Podemos, tudo por um ministério (Yolanda). O PsoEspañol, progresista em aparência e de direita na realidade: reforma laboral, 135 e 155, portas giratórias, monarquia, igreja, militares, judicatura franquista, banca, monopólios, corrupção... E ainda têm inocentes que pedem uma direita galega, quando tudo é direita sistémica! Não abundam os vendidos e os ladrões?

8 avechucho

Este país precisa dunha vez un partido nacional na dereita e quen o di está moi lonxe de ser de dereitas.O BNG terá culpas de certo máis a escachifa dos que marcharon e foron traizoados polos partidos madrileños e máis q evidente.

7 Desfeita

E se o BNG non saca o escano que lle promete a enquisa do tabloide de ultradereita "amigo", a quen vai botar a culpa? Alguén vai facer autocrítica?

6 Luz del Norte

Pardillos. El galleguismo es caciquismo. Y el caciquismo siempre fue de cabeza de ratón

5 Alpinista

Pois é. Todo estaba decidido. Villares ficou co cu ao aire, en momentos decisivos dedícase a desfollar margaridas (a de Madrid, dígase Más España, tamén). O BNG, que esperar da UPG e servos asimilados, no lugar de agardar vai e proclama candidatos do Partido (cero responsabilidade, cero oportunidade, nada de apertura, todo control absoluto). E ANOVA, faise a responsable cunha frase verdadeira (os intereses dos partidos por riba da xente), despois de venderse nos últimos anos aos intereses do PcE e da cópula da Complutense. Resultado: non vai haber deputado galego! Non imos votar por irresponsables! Non o metecen!