O AVE, o tren que nunca chega a Galicia

A Xunta constata que o AVE volverase a atrasar: "Ningún galego poderao usar en 2019 nin 2020". Pasaron catro presidentes diferentes polo Goberno de España de dous partidos distintos, e segue sen haber data para conectar Galicia con Madrid por alta velocidade.

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

"O AVE chegará a Galicia en 1993". Era o anuncio que facía en 1988 Abel Caballero, o actual e mediatico alcalde de Vigo. Entón unha promesa política en ascenso e ministro de Transportes do goberno de Felipe González. Un anuncio baleiro pois nin ese goberno, nin os posteriores de González concretaron nada ao respecto.

Inaguración da alta velocidade en Santiago, Hernández é o segundo pola dereita en primeira fila, canda Cascos, Feijóo e Pepe Blanco
Inaguración da alta velocidade en Santiago, Hernández é o segundo pola dereita en primeira fila, canda Cascos, Feijóo e Pepe Blanco

Houbo que agardar doce anos para que alguén puxera, novamente, esa cuestión na axenda política. Foi Manuel Fraga, presidente da Xunta por entón, quen en 2000 volveu a insistir na necesidade de que Galicia tivera conexión de alta velocidade con Madrid. Unha idea que non colleu forma ata 0 2003. E tivo que ser unha catástrofe, a do Prestige, a que puxera esa necesidade básica nas infraestruturas galegas, enriba da mesa.

PLAN GALICIA

En 2003, e dentro do chamado Plan Galicia, Fraga e o presidente español de entón, José María Aznar, anunciaban con orgullo a chegada da liña de Alta Velocidade para o 2010.  Pero, desde entón, todo foron anuncios de atrasos consecutivos, tanto dos gobernos socialistas de Zapatero e Sánchez, como os dos populares Aznar e Rajoy. De 2010 pasouse ao 2012, logo o 2015, despois, 2018, 2019 e agora ninguén sabe dar unha data concreta.

Precisamente, este xoves, o Goberno da Xunta presentaba un novo informe sobre os incumprimentos dos prazos desta infraestrutura. É o terceiro que presentan en catro anos e todos constantan o mesmo; novos atrasos sobre os prazos previstos. 

Vía do AVE
Vía do AVE | Fonte: EP

Así, no último presentado volvese constatar que "non se cumprirán" os prazos de execución da liña de alta velocidade entre Galicia e a capital de España, e da conexión Lugo-Monforte-Ourense-Madrid. "A conclusión lamentable é que co AVE non se cumprirán os compromisos adquiridos polo Goberno de Sánchez", revelou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

COMPROMISOS INCUMPLIDOS

Un informe que, curiosamente, chega en periodo electoral e cun goberno en funcións. Unha circunstancia que quere aproveitar Feijóo para volver criticar ao executivo socialista. "Ningún galego poderá usar o AVE a Madrid nin en 2019 nin en 2020, como tampouco a liña de alta velocidade con Lugo "en 2021", dixo.

Por iso, foron os xornalistas os que lle tiveron que lembrar que este atraso é histórico e é responsabilidade dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE en Madrid e con gobernos do PP e do PSOE e BNG en Galicia. "O que está claro é que hai que exculpar aos distintos executivos da Xunta deste problema", quixo xustificar Feijóo na súa resposta. "Nós xa nos reunimos con varios ministros de Fomento e a situación é a mesma", engadiu.

Con todo, lembrou que houbo diferencia de criteiro entre Íñigo de la Serna, último ministro de Fomento de Rajoy, e o actual, José Luis Ábalos, do PSOE. "Polo menos, de la Serna viña cada trimestre a Galicia para constatar os avances das obras", defendeu ao tempo que insistiu en que a Xunta "segue traballando con rigor e sentará con calquera novo ministro" para que o AVE chegue "o antes posible" a Galicia.


Así, proclamou que o que quere Galicia, que "merece un respecto", é que o Goberno explique "por que hai un novo atraso" sobre os que xa acumula a alta velocidade coa Meseta. "E queremos datas e saber cando se poderán comprar billetes, e Galicia competir en igualdade de condicións co resto de territorios de España", resolveu.

SEN DATAS

Feijóo asumiu que, polo momento, non hai datas para a finalización das obras do AVE a Galicia, e poderían ir máis alá do 2021, coincidindo co próximo Xacobeo. Por iso, trasladou que lamenta ter que alertar desta situación, pero advertiu que non facelo significaría actuar como "cómplice" do Goberno central no "incumprimento" dos seus compromisos. "Non se vai a cumprir nin un só prazo", aseverou, antes de repasar os "atrasos" constatados tecnicamente pola Xunta en distintos tramos.

Nesta conxuntura, Feijóo avanzou que se remitirá este informe ao Parlamento de Galicia e manifestou o seu desexo de que Adif poida convencer á Xunta de que se equivoca, aínda que remarcou que "ningún dos informes técnicos" de seguimento presentados pola Administración autonómica ata agora estiveron "errados".

SUCESIVOS ATRASOS

Os atrasos do AVE son sucesivos desde que en 2003 se chegou a un compromiso formal para o inicio das obras. Así, cada un do últimos cinco ministros de Fomento, tanto do PP como do PSOE, anunciaba un novo prazo de finalización dos traballos: se para Álvarez-Cascos era o 2010, a socialista Magdalena Álvarez o foi alargando durante o seu mandato (primeiro ao 2011, despois ao 2012 e finalmente deixouno previsto para o 2014).

O seu compañeiro de partido, o galego José Blanco, puxo dúas datas máis: primeiro o 2015 e máis tarde o 2017; e a popular Ana Pastor introduciu o 2018 como punto final, unha promesa que repetiu persoalmente Mariano Rajoy. Finalmente, o ministro, tamén do PP, Íñigo da Serna foi o último en estirar o final: no 2019 acabaríase coas probas e a alta velocidade chegaría comercialmente a Galicia no 2020. Ás poucas semanas da toma de posesión, José Luís Ábalos (PSOE) falou tamén do AVE pero sen apostar por datas concretas e sementou dúbidas sobre a súa finalización. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 urco

E que hai sobre as linhas ferroviárias que realmente interessam, as de cercanias? Conexom A Crunha – Ferrol, melhora do FEVE na Marinha cantábrica, conectar Lugo com Compostela e trabalhar dumha vez a alta velocidade Vigo –Porto.

1 Gamela

é agradable ler como o rei das mentiras abre esta cronoloxía: Abel tiña que ser !!! Penso que se algún día temos AVE en Galicia xa ninguén terá interés en utilizalo (?) Os que seguen agardando unha explicación son os familiares das 81 vítimas do Alvia! Agora Pepiño xa é CEO de Acento (Consultores estratéxicos de asuntos públicos) PELIGRO! https://twitter.com/GamelaNova/stat... Bo traballo de GC para refrescar a Memoria Colectiva!!!

1 anonimo

Ahi estas,agora co tempo que tes haber,si cambiamos este pais,Chavalon