O Foro Económico volve advertir dunha "desaceleracion" da economía galega

As exportacións e o transporte marítimo de mercadorías son as que reflicten unha maior caída.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica avisa dunha nova desaceleración do crecemento da economía galega no mes de agosto con respecto a xullo, a pesar de que en termos interanuais o incremento foi do 2,5%.

Produción de Peugeot en Vigo
Produción de Peugeot en Vigo | Fonte: EP.

En canto a datos intertrimestrais —entre xuño e agosto—, o crecemento da actividade "permaneceu constante", xa que se situou no 0,5%. Así, segundo explica Foro Económico de Galicia, o ritmo de suba no comezo do segundo simestre de 2019 "profunda na desaceleración experimentada" durante a primeira metade do ano.

Neste contexto, lembra que a previsión oficial da Xunta, "recentemente revisada á baixa", é un incremento do 2%, o que está "en liña" cos datos rexistrados na economía española ata a data.

E é que nos últimos doce meses, incide Foro Económico, a variable deste indicador que experimenta a maior suba é a produción de vehículos turismo tras meses de comportamento desfavorable, mentres que as exportacións e o transporte marítimo de mercadorías son as que reflicten unha maior caída.

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica está elaborado polo equipo do Foro Económico de Galicia e para a súa confección se parte de 15 variables, entre elas cifras de emprego, facturación, empresas, comercio internacional, actividade industrial e servizos. Os seus promotores destacan que a súa "principal vantaxe" respecto da contabilidade trimestral é que "achega mensualmente información sintética sobre o impulso global da economía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta