O acusado de tentar matar a súa ex muller a "tixolazos" deséxalle que "sexa feliz ata a morte"

Fiscalía reitérase na súa petición de 10 anos para o acusado, por " contradicións e omisións intencionadas" no seu testemuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O acusado dun delito de intento de homicidio contra a súa ex muller o día 2 de xaneiro de 2017 en Castrelo de Val (Ourense) fixo uso do seu dereito á última palabra para desexarlle "que sexa feliz ata a morte".

Con estas palabras pechouse a segunda e última sesión do xuízo que este xoves acolleu a Audiencia Provincial de Ourense contra un home portugués, J.O.A., para o que a Fiscalia solicita 10 anos de prisión por tentar matar a "tixolazos" á que por aquel entón era a súa muller.

Un dos forenses do caso declarou este xoves que as lesións que presentaba a vítima "son compatibles coa súa versión de ser golpeada contra un pilón e recibir golpes cunha tixola". Segundo o escrito do Ministerio Público, a muller atopábase na cociña cando J.O.A. agarrouna polos pelos, golpeoulle a fronte contra o fregadero e, a continuación, golpeoulle a cara cunha tixola "á vez que lle dicía que a ía a matar" e que ese día "era o seu fin".

A este respecto, o forense explicou que "se identificaron, polo menos, oito focos traumáticos na cabeza" pero que puido haber máis "porque non todos os golpes deixan sinais". Tamén cualificou de "altamente improbable" a posibilidade dunha caída accidental da vítima, segundo relatou o acusado, por "a presenza de tres feridas inciso contusas no mesmo sitio".

O acusado de tentar matar á súa ex muller en Verín
O acusado de tentar matar á súa ex muller en Verín | Fonte: Europa Press

A VERSIÓN DO ACUSADO "NON É CRIBLE"

Durante a exposición de informes, o Ministerio Fiscal reiterouse á hora de pedir unha sentenza condenatoria de 10 anos de prisión por un delito de intento de homicidio e que ao acusado se lle prohíba achegarse a menos de 300 metros da vítima, do seu domicilio ou do seu lugar de traballo durante 15 anos.

Por outra banda, cualificou de "non crible e con numerosas contradicións a versión do acusado". "Sempre que se lle fixo algún tipo de pregunta difícil de responder limitouse a sinalar que a vítima mentía", explicou o Ministerio Público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta