A USC lanza a súa nova web, coa que busca actualizar a súa relación coa comunidade académica e coa contorna

O reitor di que se trata de adaptar a "estratexia comunicativa dixital e os seus contidos aos tempos, ás persoas e ás tecnoloxías actuais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela reforma a súa imaxe nas redes a través dunha nova páxina web coa que pretende actualizar tanto a súa relación coa comunidade académica e estudantil como coa contorna social no que está integrada.

O reitor compostelán, Antonio López, presentou esta nova iniciativa na sede do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), como parte dunha renovación da imaxe institucional da universidade que inclúe, ademais, o próximo lanzamento dunha aplicación móbil.

Trátase, segundo destacou López, de adaptar a "estratexia comunicativa dixital e os seus contidos aos tempos, ás persoas e ás tecnoloxías actuais", un "fluxo de innovación permanente" no que a institución debe pensar o horizonte que quere alcanzar con estas ferramentas.

"Tal e como concibimos a universidade, non é a outro lugar nin obxectivo máis que ás persoas e á comunicación máis eficaz con elas", insistiu. O proceso de renovación partiu, inicialmente, da 'web externa' para potenciar a imaxe da USC cara ao público xeral, e que é a que se pon en funcionamento neste momento. Así mesmo, xa arrincaron os traballos para actualizar a 'web de continuidade', nunha segunda fase na que ese creará unha intranet e levará esta nova etapa ás páxinas de centros, facultades, servizos e onde acceden os usuarios.

Sobre todo, a nivel organizativo, tívose en conta nas prioridades o acceso a través de dispositivos móbiles, "en consonancia" coas demandas de usabilidade por parte dos usuarios.

Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC
Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC | Fonte: sostenibleycreativa.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta