James Rhodes conmemorará o 250 aniversario do nacemento de Beethoven cun concerto en Vigo

O pianista e escritor británico actuará o 1 febreiro no Auditorio Afundación.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/12/2019 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O pianista e escritor británico James Rhodes conmemorá o 250 aniversario do nacemento de Ludwig van Beethoven nun concerto que ofrecerá o próximo 1 febreiro en Vigo.

O pianista e escritor británico James Rhodes nunha imaxe de arquivo.
O pianista e escritor británico James Rhodes nunha imaxe de arquivo.

O artista interpretará a Sonata Número 15 en Re maior Op. 28, 'Pastoral', a Sonata Número 27 en Mi Menor Op.90 e a Sonata Número 21 en Do maior Op. 53, 'Waldstein', do compositor alemán nado en 1770.

A actuación realizarase no marco do Tour 2020 do pianista e terá lugar no Auditorio Afundación da cidade olívica. Ademais, as entradas poderán adquirirse na páxina web de Ataquilla.

O intérprete, fincado en España, é coñecido por contextualizar as obras que forman parte do seu recital durante os seus concertos, así como por trasladar apuntamentos biográficos dos seus compositores. Así, converteuse nun divulgador da música clásica mediante xiras e concertos nos que participou a nivel mundial, ademais da través de documentais sobre a súa figura filmados por cadeas británicas e españolas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta