O Novas ataca o "aberrante dunha lei que permite anos de cadea sen xuízo"

Un membro do Consello de Redacción deste xornal está entre os detidos pola Policía, que os acusa de tentar atentar durante as eleccións e de ter atacado xa dúas sedes do PP.

Por Galicia Confidencial | Santiago. | 18/09/2012 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Dos cinco detidos en Vigo a fin de semana por seren sospeitosos de prepararen atentados, catro van camiño da Audiencia Nacional e Madrid e un xa está en liberdade.

Ceivar, organismo de apoio aos presos independentistas, informa que M.R.G. está na rúa sen cargos. O colectivo denuncia que o linchamento a esta persoa, por "ter sido acusado policial e mediaticamente de terrorista". Ceivar organizou actos de protesta en Vigo, Santiago e Ourense, aos que acudiron centos de cidadáns.

Concentración en Compostela en solidariedade cos mozos acusados de pertencer a Resistencia Galega
Concentración en Compostela en solidariedade cos mozos acusados de pertencer a Resistencia Galega | Fonte: Ceivar.org

Versión da Delegación do Goberno

De M.R.G. era, segundo a Delegación do Goberno, o automóbil aparcado en Castrelos no que se atoparon os explosivos. O delegado do Goberno, Samuel Juárez, dixo hoxe que os catro detidos preparan unha campaña de atentados "importante" pois "as sustancias e os instrumentos para detonalos estaban mellor feitos".

O político conservador asegura que os detidos pensaban colocar bombas con motivo das eleccións. Tamén di que os artefactos incautados era similares a outros empregados polo que a Policía denomina Resistencia Galega. Segundo Juárez, os catro detidos están detrás dos artefactos reivindicados por independentistas nestes meses colocados en dúas sedes do PP (Meis e Ribadumia) e no Monte Sampaio de Vigo.

NÓS-UP critica á prensa

Unha opinión ben diferente expresa o partido NÓS-UP,  que denuncia "o tratamento (des)informativo da prática totalidade dos meios de comunicaçom, atribuindo militáncias, impondo qualificativos, e na prática condenando aos detidos de delitos, saltando-se a presunçom de inocência"-

Os nacionalistas argumentan que se trata dunha operación orquestada pois "frente à proximidade das eleiçons autonómicas e o incremento das luitas populares em curso contra a ofensiva burguesa, o Estado espanhol procura gerar permanentes cortinas de fumo e desviar a atençom das maiorias sociais, que facilitem a agressom permanente contra os direitos nacionais e sociais do povo galego".

Segundo membro do Consello de Redacción do Novas detido

Un dos detidos, segundo o Novas da Galiza, é Carlos Calvo Varela, membro do Consello de Redacción deste mensual en galego. O Novas denuncia "o aberrante dumha legislaçom que permite anos de cadeia para pessoas sem serem julgadas" e lembra que outro dos seus membros, Antom Santos, está na cadea dende decembro, acusado tamén de pertencer a Resistencia Galega.

A publicación asegura nun comunicado que os detidos son "vítima da excepcionalidade que o Estado reserva para quem se atreve a pôr em dúvida a sua orde constitucional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 autogestão

Carlos Calvo era um dos redatores do GalizaLivre, rotundamente contrário à violência com fins políticos. Como o são a imensa mairoria de comprometidos a sério. Esta operação policial e mediática não tem nem pês nem cabeça. É uma autêntica farsa, talvez para cobrarem umas produtividades por volta das eleições e para justificar o gasto do desembarque de agentes "anti-terroristas" procedentes do Pais Basco, que se têm de justificar como imprescindíveis. De aí o invento da fantasmagórica RG. // O comportamento absolutamente pueril de Ami e companhia, faz com que, com amigos assim, quem precisa inimigos? Se até os "teus" te criminaliçam falando em "a luta é o único caminho", etc. QUE GRANDE FAVOR A MÁQUINA BOURBÓNICA! Há que ser subnormal, com perdão dos subnormais, para usar, em solidariedade com os detidos, apologia verbal da violência. Ou isso, ou ter mais infiltrados do CNI nas filas, do que apampados militantes.

1 autogestão

Por via de regra, as pessoas que fazem apologia da violência têm a minha presunção de trabalharem para o Reino.

2 solidariedade

Concordo, todo isto é unha montaxe. Dado que os partidos e sindicatos se inhiben, apelo á responsabilidade da sociedade civil para desbotar todo este conto mediático-policial que xa está a confinar en prisión (sen xuizo) a varios xóvenes dos que teño a mellor opinión como persoas de ben. Solidariedade !

3 Hermerico

Há muitos tipos de luita, quem assume a luita como só a fase mais avançada em que o aparelho violento do estado é confrontado militarmente é que partilha o pensamento único que impom a maquinária bourbónica. Já agora, a luita é o único caminho, todas as suas formas, legítimas. É a violência dos opressores a que nom é legítima. E necessariamente entre a desorde estabelecida que padecemos e um mundo mais justo haverá que passar pola portagem de derrotar os opressores por todos os médios. Pensar o contrário é umha superstiçom e um auto-engano. E os detidos em todo caso som inocentes, os culpáveis som os que os sequestrárom e os que de qualquer forma sostenhem os seus braços políticos. Assumir como legítimos os marcos ideológicos do regime só leva à sua perpetuaçom.

4 Xanti

Non adoito a crer as excusas da xente de AMI e Ceivar, pero seautogestão critica á AMI a cousa cambia.

3 indepe

Gracias a GC por ser o único medio que dá a cara polo Novas e as persoas presas, que son inocentes mentres non se demostre o contrario. Os ecogalleguiños de Praza nin unha liña e en Sermos desta vez tampouco

1 outra_indepe

Indepe, desculpa mais trabúcaste. Domingo: http://www.sermosgaliza.com/artigo/... E terza feira: http://www.sermosgaliza.com/artigo/...

2 roi xordo

Nada novo: o aparelho pré-eleitoral espanholista na Galiza -aliás Forças e Corpos de Segurança do Estado- já começou a sua campanha eleitoral..

1 saña

Pois non coñecia este xornal, pero xa me cai simpatico se ten redactores tan comprometidos.