A maior parte das listas ás autonómicas están encabezadas por mulleres

Das principais formacións, Galicia en Común é a candidatura con menos mulleres como número uno.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/03/2020 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Máis da metade das listas electorais ás autonómicas están encabezadas por mulleres. Das 55 candidaturas presentadas aos comicios do próximo 5 de abril, un total de 28 (50,9%) están lideradas por mulleres, sendo a provincia de Lugo a que conta con maior presenza femenina entre o 'número uno' con oito de 13 listas cunha muller á fronte.

Estes datos despréndense da análise realizada por Europa Press das listas electorais definitivas que este mércores publica o Diario Oficial de Galicia (DOG). Un total de 28 mulleres están á fronte das candidaturas que competirán o próximo 5 de abril polos 75 escanos do Pazo do Hórreo, sede do Lexislativo galego.

Lugo é a provincia na que hai maior número de mulleres á fronte dunha lista electoral con oito de 13 candidaturas. E é que Galicia en Común, Ciudadanos, Por un Mundo máis Xusto, Compromiso por Galicia e Converxencia 21 son as únicas formacións encabezadas por un home na circunscrición lucense, que reparte 14 asentos no hemiciclo.

En Ourense, a outra provincia que achega 14 deputados ao Parlamento de Galicia, tamén hai maioría feminina entre o número uno das listas, pois das 13 candidaturas presentadas, oito están encabezadas por mulleres -PP, PSdeG, BNG, Pacma, Equo, Vox e Compromiso por Galicia-.

Os coruñeses poderán votar na súa circunscrición, a que reparte máis escanos (25) nas eleccións, a un total de seis listas lideradas por mulleres dun total de 13; mentres que en Pontevedra este número crece ata o sete das 16 que concorren á cita coas urnas do próximo 5 de abril.

GALICIA EN COMÚN, A QUE MENOS

En canto á análise por formacións, a coalición Galicia En Común-Anova Mareas é, de entre as principais candidaturas, a que conta con menor presencia de mulleres entre o número uno ao contar exclusivamente con Eva Solla como cabeza de lista pola provincia de Pontevedra.

Por contra, PP e BNG teñen a tres mulleres encabezando as listas pola Coruña, Lugo e Ourense, mentres que PSdeG, Cidadáns e Vox reparten de forma paritaria o número uno provinciais. Tamén contan con maioría de mulleres á fronte das súas candidaturas as formacións Espazo Común-Recortes Cero e Pacma, que sitúan a tres mulleres no número uno das súas listas.

Rexistro xunta electoral de Galicia, eleccións
Rexistro xunta electoral de Galicia, eleccións | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

En Pontevedra é lástima non ter a Alexandra Kollontai de cabeza de lista polo BNG ! Pero a UPG non mira con bos ollos aos disidentes, só a empregan como RECLAMO !

1 Frecha

Tranquilo home, que vai saír igual. Isi si, con ela aí, nesta lexislatura as escisións, liortas e viaxes ao Grupo Mixto vanse vivir todas no Grupo Parlamentario do BNG. Iso está asegurado.

2 Gamela

A longa nómina de cabezas cortadas pola UPG semella que vivimos nunha Apocalypse Now permanente (por iso estou preocupado polo futuro político de Alexandra!) http://www.galiciaconfidencial.com/...