PharmaMar presenta un kit de diagnóstico de coronavirus "altalmente sensible"

A compañía dispárase máis dun 15% en Bolsa tras realizar o anuncio.

Por E.P. | MADRID | 06/03/2020 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Genomica, a empresa de diagnóstico molecular do Grupo PharmaMar, obtivo o marcado 'CE' de conformidade para os seus kits de diagnóstico do novo coronavirus, o que acredita que cumpre os requisitos esenciais descritos na Directiva 98/79/CE sobre produtos sanitarios para diagnóstico in vitro, informou a compañía.

Genomica completou con éxito as probas realizadas con mostras de pacientes, en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III. Estes kits son "altamente sensibles e específicos" na detección do coronavirus, polo que podería detectarse o virus mesmo antes de que o paciente mostre síntomas.

Xa están dispoñibles comercialmente e son compatibles coas dúas tecnoloxías de diagnóstico máis utilizadas en hospitais e centros de saúde: 'Clart' de Genomica e PCR Real Time. A primeira ten capacidade para analizar simultaneamente 96 mostras de pacientes en menos de 5 horas, o que fai que sexa unha opción de diagnóstico para o cribado do virus na poboación.

Genomica xa está en contacto coas autoridades sanitarias para prover estes kits de diagnóstico segundo a demanda xerada pola emerxencia sanitaria pola infección Covid19. Ademais, ten acordos comerciais en máis de 30 países, entre eles China, onde xa pode empezar a distribuír estes kits.

DISPÁRASE EN BOLSA

Tras realizar este anuncio, os títulos de PharmaMar subían máis dun 15% no Mercado Continuo, o que os levaba a cotizar ao redor dos 4,58 euros ás 16.30 horas.

Esta subida súmase á do 15% que experimentou tamén o pasado 3 de marzo tras revelar que está a traballar en demostrar que un dos seus fármacos, Aplidina, podería ser efectivo contra o coronavirus.

Con estas subidas, a empresa biofarmacéutica reverte a tendencia que a levou a perder preto dunha cuarta parte do seu valor en Bolsa en menos de tres semanas.

Coronavirus
Coronavirus | Fonte: diariojuridico.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta