A área sanitaria da Coruña conta con 109 ingresados, 15 na UCI do Chuac

Por E.P. | A CORUÑA | 23/03/2020 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

A área sanitaria da Coruña e Cee conta nestes momentos con 109 ingresados por coronavirus, segundo os últimos datos facilitados sobre a incidencia desta pandemia na citada área.

Centro cívico de Feáns no que se realizaron tarefas de desinfección por foco de coronavirus
Centro cívico de Feáns no que se realizaron tarefas de desinfección por foco de coronavirus | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

En concreto, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) hai 15 ingresados na UCI e outros 83 en planta. Mentres, no hospital de Cee hai un total de tres en planta.

A eles súmanse os ingresados en centros hospitalarios privados, cun total de catro ingresados no Hospital Quirón; outro tres no Modelo e un no San Rafael.

Mentres, no hospital coruñés procedeuse a dar o domingo pola tarde o alta na UCI ao primeiro positivo por coronavirus nesta área e en Galicia, que se atopa agora en planta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta