As cifras de mortos seguen crecendo sen parar; xa son 174

Este sábado foron 15 as vítimas mortais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

A morte nas últimas horas de seis persoas, todas elas con patoloxías previas, elevan o número de vítimas con coronavirus en hospitais galegos ao total de 174. Este sábado, o balance de falecementos sitúase en 15 despois dos 21 rexistrados durante o venres.

En concreto, dos seis novos mortos con COVID-19, tres producíronse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e son tres mulleres de 83, 78 e 96 anos, segundo informan a Europa Press fontes sanitarias. Ademais, faleceron outra muller de 55 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e dous homes, de 94 e 86 anos, que permanecían no hospital Povisa de Vigo.

Deste xeito, ao longo do sábado morreron un total de 15 persoas diagnosticadas con coronavirus, das cales soamente una delas, un home de 90 anos no Chuac, non contaba con ningunha patoloxía previa.

Así, nas primeiras horas da xornada falecían tamén un home e unha muller de 64 e 66 anos, respectivamente, ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF); unha muller e un home de 84 e 94 anos no CHUO; unha muller de 82 anos no Hospital do Barco de Valdeorras (Ourense); un home e unha muller de 69 e 93 anos no Chuac; e un home de 78 no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Coas deste sábado, as 174 mortes rexistradas ata agora en hospitais da Comunidade repártense entre a 52 da área sanitaria da Coruña, 35 na área de Vigo, 32 na de Ourense, 22 en Santiago, 12 en Lugo, 12 en Ferrol e 9 na de Pontevedra.

No entanto, hai que ter en conta que, no balance trasladado pola Consellería de Sanidade non figuran as mortes que se rexistran fóra dos hospitais, entre elas as que teñen lugar en residencias de maiores. Segundo datos de Política Social, nestes centros xeriátricos producíronse ata o momento 32 falecementos.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta