Anega pide a "liquidación" do curso académico co aprobado automático de materias pendentes

A asociación estudantil propón emular esta medida que xa se tomou en Italia ante a crise sanitaria que mantén as aulas pechadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Asemblea Nacional de Estudantes Galegas (Anega) reclama que se emule a Italia e que se "liquide" o actual curso académico co aprobado automático das materias pendentes debido ao actual contexto de alerta sanitaria polo coronavirus.

A través dun comunicado, o sindicato estudantil ve esta medida como a "única viable" ante esta situación e aposta por que a nota das materias que se superen por este método non computen na media.

Aula baleira nunha facultade
Aula baleira nunha facultade | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press



"O ensino renovaríase o curso que vén, en setembro, logo de establecer comisións con todos os axentes implicados que decidan que contidos esenciais se trasladan ao curso seguinte e como", explica Anega.

Así, a organización estudantil asegura que xa "se puxo en contacto coas universidades, institutos e institucións educativas galegas" para trasladarlles esta proposta despois de que se producisen "xa diversas negociacións".

Esta solución, recalca Anega, sería dar "unha saída humana e alcanzable" para a crise da COVID-19, posto que continuar o curso "con aparencia de normalidade" é unha opción que "a cada momento parece máis inviable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Rui do

É Anega a canteira dos xefes da U e a escola dos liberados sindicais da CIG?

1 Riolo

Y con sobresaliente. Cuantos son los de ANEGA?

1 Roxalia

Por que pregunta? É vostede policía?

2 arredista

Por se non o sabes, ANEGA é a organización estudantil hexemónica e maioritaria en Galicia. De nada.