Anpas Galegas piden á Xunta instrucións "concretas" para a volta ás aulas que Feijóo lle pide a Sánchez

Rexeita que os equipos directivos "organicen" ese regreso e insta á Consellería a asumir "responsabilidades"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2020 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas esixiu á Consellería de Educación "instrucións concretas" e "homoxéneas" para todos os centros galegos de face á incorporación do alumnado de segundo curso de Bacharelato e do grao medio e superior de Formación Profesional a próxima semana. Ata agora, Feijóo está excusandose en que eso debería regulalo o Goberno de Sánchez.

Nun comunicado, e ante o proxecto de resolución da Consellería de Educación polo que se reinicia a actividade lectiva nos mesmos e determínanse as instrucións para o que resta de curso, insta á Xunta a "resolver as dúbidas" que, ao seu xuízo, existen.

"Unha vez máis vemos como a Consellería de Educación permanece á espera de que alguén asuma as responsabilidades que ela mesma ten". "Se apoiamos, a petición das familias, a decisión de que os alumnos que vaian presentarse á ABAU retomen as clases presenciais, foi sempre co compromiso das máximas garantías de seguridade".

Por iso, considera que é necesario aclarar "previamente" como se van a impartir as clases presenciais aos alumnos de segundo de Bacharelato e cursos superiores de FP, "á vez que o resto dos alumnos que non se incorporen de maneira presencial". "E tamén como vai ser a atención que se presta ao alumnado doutros cursos que compartan profesorado que imparte clases presenciais".

Por outra banda, a Confederación Anpas Galegas incide na "diferenza" entre "teleformación e retransmisión en directo da clase" polo que rexeitan que a atención non presencial "quede cuberta simplemente con esa retransmisión".

LIMPEZA DAS AULAS

En canto ás medidas de hixienización das aulas, considera unha "irresponsabilidade" que este labor "se pretenda deixar en mans do alumnado nunha situación tan grave como esta". "Calquera limpeza das instalacións do centro ten que realizarse por profesionais" ao ser, sostén "a única garantía de que se faga correctamente".

Así mesmo, rexeitan que sexan os equipos directivos "quen organicen o retorno ás aulas, así como a compra do material necesario para manter as condicións de seguridade". "Isto pode crear unha desigualdade de criterios que fai difícil crear unhas garantías reais", apostila nun comunicado.

Bacharelato de Excelencia. EUROPA PRESS - Arquivo
Bacharelato de Excelencia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xesús Fernández Iglesias

Un tras doutro, todos os Conselleiros e Conselleiras de Educación da Xunta de Galicia baixo mandato do Partido Popular téñense mostrado coma uns perfectos incompetentes na xestión do ámbito educativo sobre a que teñen competencias plenas. A única excepción Celso Currás, que con mellor ou peor acerto imprimiu unha dirección real ao ensino na Galiza; baixo as súas perpectivas, claro (e que difiren ampliamente das miñas), pero foi o único que realmente dirixiu o departamento. O resto, incluída a actual conselleira, un despropósito e unha falta total de asunción de responsabilidades. O único que souberon facer foi "delegar" decisións non técnicas que eles debían tomar; e delegalas en persoal nomeado pola súa fidelidade, non pola súa competencia. En fin, se estes seguen gobernando Galicia, mellor nos imos coa música a outra parte.