Unha esquerda creativa para un proxecto nacional

O perigo da creba do “Contrato Social” como consecuencia do desmantelamento do “estado de benestar” coa perda de dereitos, unha crise cuia saída é desigual socialmente, xa que as cargas teñen un reparto inxusto da riqueza pola política neoliberal do goberno, a utilización de debeda pública (cando se transfiriú para solventar a verdadeira débeda privada financieira) para unha política recentralizaradora do Estado, con unha crise de valores, manifestándose na metástasis da corrupción política e institucional, as estafas financieiras. Todo elo consigue a desafección política por parte da xente do común, que síntese desprotexida.

Por Manel Cardoso | Fene | 12/02/2013

Comparte esta noticia
Ante esta situación política, económica e social, tanto a nivel do estado como a nivel nacional necesítase unha ferramenta, que poña a cuestión social como polo para o ben común e, un proxecto nacional, que defenda as maiores  competencias no político e xurídico na realidade plurinacional do Estado. Esta consideración obliga a unha nova forma de facer política, que hoxe pasa pola de confrontación democrática cos que representan a cleptocracia e dos que sirven coas súas políticas a minoría.  Sendo por elo que en Galicia AGE, representa como coalición electoral a ilusión  de moitos cidadáns como un proxecto propio (nacional) donde o social  non queda afastado en segundo término.
 
Dito proxecto nacional para tódolos galegos e galegas necesita dun instrumento político, que canalice as aspiracións da maioría social. Existe unha corrente de simpatía cara a AGE directamente proporcional a desconfianza que xeran as  formacións clásicas, e manteñen a esperanza de que a irrupción de AGE poida reflectir novas formas de entender e facer política polo ben común. 
 
É de considerar que a Cámara de representantes Galegos sae de ese sopor,  que non digo inactividade, coa presenza de AGE. Cun Xosé M. Beiras, có discurso da experiencia, ilustrado e pegado a realidade, co acompañamento de Yolanda Díaz, con ese tamén carácter brioso, cheo de ilusión, da utopía para o cambio.
 
No ámeto do ideolóxico e político, están a facer xunto coas súas formacións, e por que non dicilo, coa contribución e calidade amabel dos de Espazo Ecosocialista, incorporados  a oficina parlamentaria de AGE  e apostando pola cooperación política, nesa nova configuración, de ese posible xermolo na praxe, dun proxecto nacional galego, no que debería estar o  equilibrio do identitario e o social. 
 
Queda un longo camiño con moitas chinitas que sortear, pero AGE agora escomenza a ser o cerne da acción política, unha experiencia a desenvolver na representatividade coas iniciativas políticas e lexislativas. A forxa do espírito de cooperativa política, inclusiva e aberta das súas organizacións debe ser unha constante para acrecentar a participación cidadá.  Os cidadáns e as cidadás e o seu compromiso está en directa proporción a  transparencia. A radicalidade democrática supón alúmenos  a limitación de mandatos, listas abertas e primarias.
 
Sería bo que AGE, se vertebrara nas localidades, comarcas, cidades para estar preto da cidadanía. Non só a nivel parlamentario, hai que estar apegados a maioría para desenvolver políticas efectivas na xestión municipal, na administración de servizos, na defensa dos seus sectores produtivos estratéxicos, na hábitat, na industria, no rural.
 
É entendible que as formacións inseridas en AGE, cunha procedencia plural dentro do ameto da esquerda, teñen os seus tempos e necesidades organizativas o que hai que respectar; pero tamén a súa base social está a espera de que o seu movemento teña unha dirección,  un norte de confluencia. 
 
A incorporación de sectores e colectivos descontentos coa vella política, debe darse sen sectarismo por parte de todos, entendendo a cooperativa e non a competición, renovando a esquerda nun proxecto nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manel Cardoso Manel Cardoso Santiago vive en Ares. Naceu en 1957 e é traballador de Navantia onde é responble de Medioambiente no Centro que ten esta empresa en Fene. Secretario de Organización e finanzas de Espazo Ecosocialista Galego.