Pero tamén algúns marxistas do século XXI din: que o desenvolvemento das forzas produtivas nun contexto socialista poderían desenvolverse infinitamente (dacordo con Manuel Sacristán é: unha visión tradicional da ciencia como forza produtiva e inxenuamente progresista), produción por produción. Entendo que non hai bondade nese desenvolvemento, temos a suficiente experiencia de que o hiperproductivismo trae como consecuencia contradicións que tampouco foron de respetar o marco ecolóxico no mundo do socialismo real no que se deberon.
Deuse unha visión utilitarista que considerou o medio ambiente como unha reserva ilimitada de recursos por un lado, e como depósito de vasoiras por outro, ao igual que no mundo capitalista baseado na mercantilización do todo, no individualismo e na competencia. Non hai crecemento infinito posíbel nun planeta finito!!!
Pero a vez, a teoría económica do socialismo non esixe un crecemento económico ilimitado. As condicións de traballo teñen que deixar de ser unha mercancía. Sendo por éso que o concepto do valor de uso ten que estar por enriba do valor de cambio. Orientando a economía a satisfación das necesidades humáns e non acumulación do capital (cada un, traballe según as súas posibilidades e consuma e disfrute según as súas necesidades), situando ao conxunto do ecosistema como centro do debate. Búsqueda do equilibrio e a sustentabilidade do modo de produción e organización social. Si ben decrecemento non é sinónimo de recorte económico, engadir que non todo pódese medir con índices de PIB, haino que facer tamén como medidas de saúde poboacional e da mellora das condicións de vida.
O Ecosocialismo e alternativo, porque parte da súa saída do sistema en moitas das ocasións, plantexando todo tipo de autoxestión (cooperativas) e participación democrática dos traballadores e cidadanía nas empresas, como na participación en movementos alternativos e indignados, sen renunciar a transformación democrática,…por un Estado social.
Fronte a competencia e a cultura do emprendedor baseada no darwinismo social e económico, defende o ben común xestionando as riquezas comunes con eficiencia e suficiencia, máis aló das esixencias de rendibilidade. Non entendo un sistema de sobrecrecimento, a consumir por consumir fora de toda necesidade razoable, e este sobre crecemento estrelase có carácter finito dos recursos da biosfera.
O Ecosocialismo estase abrindo camiño como un pensamento global, xa que a cuestión política é de si a natureza do socialismo é face-lo mesmo que o capitalismo, aínda que mellor, ou consiste en vivir doutro xeito. Nós partillamos dun pensamento revolucionario coa inclusión da problemática ecoloxista, pero sen estar illados da loita social. Galicia non pode estar ao marxe desa corrente global, de aí a necesidade de construír o Espazo Ecosocialista Galego, inserido na rede de Espazo Plural (ecosocialistas do Estado) e tamén no proxecto de cambio que representa Alternativa Galega de Esquerda.