Este novo galeguismo é unha herdanza que ven de Castelao, Otero Pedrayo, López Cuevillas, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Isaac Díaz Pardo entre outros. Un galeguismo que non só actívase no romanticismo da querenza a esta terra pola defensa da súa singularidade, sicolóxica, sociolóxica, no ameto cultural, etc ….
Hoxe o novo galeguismo está a entroncar cós latexos da ampla maioría na súas reivindicacións cotiáns para vehicular esas inquedanzas no político. Unha sociedade ten un maior desenvolvemento económico en función da súa capacidade produtiva na creación de bens materiais e como se reparten, coa conseguinte conciencia nacional.
Coa xenerosidade de saber quén somos, e saber que neste mundo non estamos sos, que temos un acompañante a “sociedade civil” o cidadán na pluralidade. O galeguismo, neste tempo é, ten que ser conscientemente o polo e eixo da modernidade, creatividade o movemento que reflicte nun país aberto con outros, con lazos de irmandade e igualdade. Conectados en España, sabedores que tense que abrir un “novo proceso constituinte” que contemple o sentido republicán d@s cidadáns nunha realidade multinacional.
O galeguismo do século XXI, abrangue como noutros intres da súa historia, a xustiza social, pero engade os sentires de hoxe, transversalidade e cooperativismo político de onde o “cidadán sexa e exerza a soberanía” nos dereitos individuais e nacionais, e sabedores que temos un planeta con recursos limitados, cambios climáticos, biodiversidade ameazada, etc… Un mundo globalizado que estamos a sufrir, igualmente que noutras latitudes, pola acumulación do capital no 1% da poboación mundial, namentres o resto, as terceiras cuartas partes do mundo viven na miseria. En definitiva, unha conciencia nacional aberta nun país con cidadáns cosmopolitas e soberáns.