Todo aderezado para ser competitivos: reconversións, Zona de Urxente Reindustrialización, Zona Industrial en Declive, Plan Ferrol, convenios con grandes custes de recortes para os traballadores. Con planes de competitividade, plans estratéxicos, industriais…poderíamos seguir con todo tipo de nomes baixo distintos eufemismos, pero cós mesmos resultados…Nada de nada.
Navantia segue sen carga de traballo. Ferrolterra segue con perda poboacional, depresión económica. Profundízase o seu declinar…as dúas administracións, únicas alternantes; socialistas e populares, non foron quen de dar saída a esta situación. Falla de vontade e incapacidade política !!!
O presidente da Xunta, Feijó, instrumentaliza en plena campaña electoral que a situación pode reverterse coa construción dun flotel para Navantia en Ferrol…un canto de serea. Xa van quince meses, e nada, aprazamentos. Pero o que é peor…instala no maxín da xente que ése é o camiño para a salvación de Navantia nesta comarca. E creémolo…
Pois non, o flotel é un remendo cortopracista, explícome: tan só daría traballo durante un ano a 450 traballadores no mellor dos casos. Ferrolterra ía seguir no seu declive económico e poboacional e incluso incrementaríase. Dado que os xestores políticos conseguirían facer ver que a xestión publica é ineficiente con respecto a privada, polas perdas que se iban ter. Pois case con seguridade dito flotel sería adxudicado a Barreras e este subcontrataría a Navantia, có que ésto supón: a baixa en custes para súa construción nesta comarca. Sabendo estes xestores políticos, que a estrutura de industria de Navantia non é a doada para facer este artefacto. É como se a Barreras se lle encargase facer o prototipo de embarcación, unha chalana, unha gamela… É este estaleiro o axeitado para este tipo de botes?. Pois o mesmo pasa con Navantia respecto ao Flotel. Navantia ría de Ferrol é un estaleiro pensado e preparado para facer grandes artefactos navais: dende plataformas petrolíferas, FSU (perforación, estración e almacenamento de petróleo), FPSO (perforación, estración, almacenamento e refinamento de petróleo), BPE (buque de proxección estratéxica) unha pequena ciudad flotante, fragatas etc.