Galicia Confidencial é xa o segundo medio dixital de Galicia segundo Alexa, auditoria do Grupo Amazon

A crise do coronavirus e as eleccións galegas dispararon a audiencia deste medio con moitos lectores buscando información que non aparecían noutros grandes medios subvencionados pola Xunta. GC é xa o líder indiscutible dos medios online en galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/07/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Logo de marcar un fito na prensa galega en 2017, cando Galicia Confidencial se situou como o terceiro xornal de Galicia e se consolidou como o primeiro en lingua galega e no 2018 ao situarse como a principal alternativa informativa en Galicia a La Voz e Faro de Vigo, este 2020 deixa ao GC como o segundo gran xornal de Galicia só por detrás de La Voz de Galicia.

Comparativa de medios dixitais galegos en Alexa
Comparativa de medios dixitais galegos en Alexa

A auditora de sitios web Alexa, do Grupo Amazon, sitúa xa a Galicia Confidencial como segundo xornal de Galicia e consolídase a súa posición como líder indiscutible de medios online en lingua galega. Así, a crise do coronavirus primeiro, e a cobertura das eleccións galegas despois, dispararon ao GC neste ranking pasando do terceiro posto e do 60.000 a nivel mundial hai oito meses, a consolidarse como o segundo, no posto 20.000, acurtando moita distancia co segundo, La Voz, no posto 11.000.

GC vén experimentando un espectacular crecemento nos últimos tempos, superando na clasificación de Alexa a cabeceiras tradicionais —con edicións en papel— como Faro de Vigo, La Opinión da Coruña, La Región de Ourense, El Correo Gallego ou El Progreso de Lugo máis Diario de Pontevedra, todos eles pertencentes a importantes grupos de comunicación con enorme capital e numerosas axudas económicas das administracións públicas. 

CORONAVIRUS E ELECCIÓNS

O gran salto en audiencia do GC tivo lugar a partir de marzo deste ano, coincidindo coa crise do coronavirus. Durante estes meses o GC foi o medio elexido por moitos galegos para informarse ante a falla de información dos medios tradicionais, fortemente subvencionados pola Xunta. De feito, chegou a rexistrar 200.000 visitantes únicos e máis de 500.000 páxinas vistas nun só día chegando a situar ao GC no posto 13.000 do ranking de Alexa.

A audiencia, con todo, mantivose fiel durante xuño e este mes, xa en pleno desconfinamento, especialmente, polas eleccións galegas. Nestes meses o GC tamén chegou a rexistrar cifras históricas nuns comicios. Algunhas das súas informacións foron amplamente divulgadas e difundidas a través das redes sociais chegando a ter miles de compartidas e rechíos.

ALEXA

Alexa, a principal auditora do mundo que avalía en aberto a calidade e as visitas dos medios de todo o mundo ante a imposibilidade de acceder e comparar en aberto datos doutras auditoras. Entre os nativos dixitais, GC tamén destaca como líder, deixando atrás a xornais tamén en galego como Praza Pública ou Nós Diario. 

COLABORACIÓN

Este incremento constante tamén ten que ver coa colaboración do Galicia Confidencial con outras cabeceiras. Así, se asociou con catro novos xornais en galego de ámbito comarcal que apareceron a mediados do 2018: Xornal de Vigo, Xornal da Mariña, Xornal de Lemos e Lugo Xornal. Tamén partilla información con outros medios como Diario do Támega,Historia de Galicia ou Que Pasa Na Costa, entre outros. Esta colaboración permitiu enriquecer os contidos de GC coa información de proximidade. A este medre axudou tamén a edición en castelán do GC, o GCDiario, que saíu en 2019

A isto hai que sumar o crecemento en redes socias. GC suma xa máis de 75.000 usuarios nas súas distintas redes sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Celebramos con vós este éxito, e seguimos apostando pola liberdade de información e de expresión como único camiño de futuro ! Contra os muros de pago que outros medios están a empregar masivamente, GC resiste en ABERTO ! Dende aquí facemos un chamamento a colaborar mediante suscrición voluntaria GCPlus este 25 de xullo pode ser un día sinalado para facer unha transferencia de 48 € a prol da Liberdade de Prensa ! Sae máis barata que acodir á Quintana !!! https://twitter.com/00Gamela/status... Saúde e Boa Fortuna !

3 Realpolitik

E se algún día o GC se desfai dos insoportables trolls da dereituza españolista (tipo nostrus & family) será o primeiro...

2 GalegON

Parabéns! Ninguén crería anos atrás este 'sorpasso' da prensa en galego; e se está aí é polo traballo do propio medio e tamén porque a xente non ten prexuízos en obter información na nosa lingua propia.

1 Sentidiño

Parabéns a GC. Fica claro que a xente quere escoitar outras "vozes", e que non todo vai ser verbena. Apertas.