RTVE-Galicia gasta 55.000 euros nun servizo de taxi

A compañía pública inviste tres millóns en coches con conductor en seis autonomías.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

55.680 euros. Ese é prezo que lle custa á RTVE-Galicia a contratación dun servizo exclusivo de coche con conductor que acaba de ser adxudicada á compañía Autosur Grupo 4. É un contrato de catro anos, prorrogables anualmente dous exercicios máis.

Sede de RTVE
Sede de RTVE

"Son coches para uso profesional da casa, calquera traballador e directivo, ou ben para os invitados. O único coche oficial con condutor é o do presidente, que se move nun Audi 4 heradado dos dous presidentes anteriores", explican fontes oficiais ao portal Vozpopuli.

Tres millóns de euros

Este servicio particular de taxi é o utilizado tradicionalmente por parte dos traballadores do ente público para os seus desprazamentos laborais. De feito, a RTVE acaba de contralo en seis autonomías, entre elas Galicia, por un valor de tres millóns de euros. E iso, que esta compañía acumula un déficit provisional de 105 millóns de euros en 2012.

Deste xeito, a UTE Autos Míguez e Auto turismo Andalucía, levou o contrato en Andalucía por 1,081 millón de euros. Séguelle Ares Capital, que dará servizo en Aragón (por 174.487 euros), Asturias (343.968,76 euros) e Cantabria (517.935.48 euros). En País Vasco, o contrato foi para a a UTE Secolux Insuital Lumusin. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 @taxigalicia

Como está o patio....x 4500€ o mes levo a todos traballadores de rtve galicia a costas se fai falla. Como e costume, neste tipo de consursos...o que reparte lévase a mellor parte. Taxi galego, canta razón tes... Saudis

3 Galaxia

Eses coches son para que cámaras e xornalistas fagan o seu traballo e poidan chegar a cubrir as noticias ós distintos puntos de Galicia.NOn é para ir ó traballo en San Marcos, alí van nos seus coches particulares.Se sodes xornalistas, ostia, contáde as cousas con rigor!

1 Outro xornalista

A ver se aprendes a ler. En dous lugares da información se di que son para uso laboral dos traballadores. Iso leva implícito que os usan en horas de traballo.

2 pepiño

E logo os traballadores e directivos non poden coller o bus? Panda de señoritos!!!

1 Hernano

Por San Marcos só pasa unha liña de bus, e faino cada vinte minutos (teoricamente), e lévalle media hora boa chegar ao centro da cidade... iso, sempre que non haxa que cambiar de bus para ir cubrir determinado evento. Imaxina que un equipo da RTVE teña que cubrir unha rolda de prensa en Galeras ás 11:30. O traballador/a tería que saír ás 10 da empresa para coller a liña 6 das que pasará polas 10:10 (aprox.) en San Marcos. Desde alí, chegaría por volta das 10:30 a San Caetano. O traballador debería baixar a pé ata estación de autobuses e coller alí o C2 aproximdamente ás 10:45, que o deixaría en Galeras sobre as 11:05. Isto todo sendo xeneroso e que non haxa ataso e que as combinacións cadren perfectas. A rolda de prensa acabaría sobre as 12:00 (xeneroso) e novamente outra hora de combinacións varias para chegar á empresa sobre as 13:00.

2 faneca brava

O que hai que ler ...eu teño que ir a currar a Santiago e como non me apañe cun coche vou de p... cu porque sensillamente non hai buses que teñan un horario normal para ir currar..ou levantarme as 6 da mañan para chejar a Santiago as 9 ....asi esta o pais,,,( e vivo a 40 km de Santiago)

3 Outro xornalista

Os taxis son para ir cubrir reportaxes, non para ir a San Marcos

1 taxi galego

Tiñan que chamar o primeiro taxi da parada coma en todas partes e redistribuir o gasto entre estes profesionais autónomos que son contribuintes de impostos e non en réxime de monopolio a outros.