Vídeo: Un policía cre que se "cachondean" del por pedirlle a identificación

"¿Quiere la placa?, ahora le voy a multar el doble", dille un axente a unha moza. O vídeo leva xa máis de 100.000 visitas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/03/2013 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

"Nosotros te vamos a hacer una propuesta de sanción. Si no estás de acuerdo, búscate un abogado. Va a ser la palabra vuestra contra la nuestra. Vosotros estábais cortando el tráfico y participábais en una concentración que era ilegal". Esta foi a resposta dun policía a un grupo de persoas que o pasado luns se concentraron diante do Parlamento.

Un momento da discusión entre os retidos e  os axentes
Un momento da discusión entre os retidos e os axentes

A escena deste vídeo, que xa ten más de 100.000 visitas, tivo lugar o pasado luns diante do Parlamento de Galicia. Alí se debatían os Orzamentos da Xunta. Mentres, fora, centos de persoas da Plataforma en defensa da función pública protestaban contra os recortes na Universidade.

Identificacións

Tras a concentración, a Policía quixo identificar a tres rapazas, supostamente, sen que tiveran cometido ningún delito. O problema chegou cando unha delas insistiu en pedirlle a documentación ao axente. Nese momento, a reacción dos policias non se fixo agardar.  

Levaron as mulleres cara un furgón policial e, ante a insistencia das retidas en pedirlle a súa documentación, os axentes anunciaron que terían unha sanción por "cortar o tráfico" e por "reunión ilegal". E é que para os axentes, pedirlle a súa identificación é un "cachondeo". "El le da unas instrucciones y ella se cachondea de él", suliña o axente para sancionalas.

"Ahora le voy a multar el doble"

"¿Osea que cruzar un paso de peatones es cortar el tráfico?", insistiu a afectada. "Está recogido en la Ley Orgánica 9/83", díxolle un Policía. "Pero, nos vais a multar por pediros vuestra identificación", di un dos manifestantes. "¿Quiere la placa?, ahora le voy a multar el doble", fachondeou outro.

Segundo o Real Decreto 1484/1987, de 4 de diciembre, Naturaleza, régimen Jurídico, Dependencia, Escalas , Categorías, Relaciones de Personal y Administración del mismo, Uniforme, Distintivos y Armamento, os axentes policiais están obrigados a facilitar a súa identificación. 

Así o artículo 21 sinala que:

"1. Los funcionarios que prestan servicio sin uniforme usarán como medio identificativo de su condición de Agentes de la Autoridad el carné profesional y la placa-emblema, cuando sean requeridos para identificarse por los ciudadanos o en los casos que sea necesario para realizar algún servicio.

2. Los funcionarios que realizan servicio de uniforme acreditarán su condición de Agentes de la Autoridad con el mismo. No obstante, llevarán obligatoriamente el carné profesional, que será exhibido cuando sean requeridos para identificarse por los ciudadanos, con motivo de sus actuaciones policiales.

3. Tres.- Hallándose los funcionarios fuera de servicio, solamente podrán utilizar el carné profesional y la placa-emblema, excepcionalmente, cuando tengan que actuar en defensa de la Ley o de la seguridad ciudadana".

"No es identificación arbitraria"

Neste blog de axentes da Policía sobre as actuacións policias refírense precisamente aos procesos de identificación dos cidadáns. "Entiendo que muchos os sintáis molestos o incómodos cuando un policía os pide vuestro DNI, y quizá creáis que se trata de una identificación arbitraria del agente. Os puedo asegurar que no; si el agente quiere identificarte, ten por seguro que algo le motiva para ello: quizá te parezcas a algún delincuente buscado, quizá tu descripción física concuerde con la de alguien que acaba de robar un banco, o simplemente ese policía tiene encomendado identificar a X personas de X calle porque se vaya a celebrar un importante certamen. Por eso, no pienses que el Policía te identifica arbitrariamente, que siempre estará motivado por algo", recolle.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Hermerico

O que sim é um "cachondeo" é que as organizaçons gremiais desses fascistas espanhois sejam admitidas na própria plataforma pola defesa dos serviços públicos. Tratá-los como apestados, que é o que som, é condiçom sine quanon para que as cousas podam mudar

2 xan soares

queda en evidencia unha vez máis a falla de profesionalidade da policía, da guardia civil etc. Non coñecen os seus dereitos e os seus deberes, non saben que teñen que dirixirse con educación á xente para recibir respecto. Deberían de ir a Irlanda do Norte a aprender o que é profesionalidade. Ben pola rapaza por exixir e coñecer os seus dereitos.

1 returco

Faltaba converxencia xx1 pedindo tamén identificacions, agora antes de partir unha mani, alto! piquete identificativo. Esto é serio Soares?

2 artur

Home Retruquiño, xa que non podemoas dar-lles paus (só recibí-los e sen previo aviso- todo moi democrático, iso sí -) polo menos facer algo de mosca "cohonera" (como consolo): non se parece??. E tira ese uniforme azul, xa, barrabás,,,,! (que xa acabaches o servizo).

1 anonimo

MENUDA LERCHA. Lo que tienen que aguantar los policías, qué chulería hablándole al policía como si fuese un coleguilla suyo,. Esta gente siempre hace lo mismo, los provocan con el jicho de la cámara filmando a ver si sacan a alguien de sus casillas y pueden colgarlo en internet

1 mouriscado

Estes son os novos piquetes revolucionarios que mudaràn a patria despois iràn de botellon e mañán os organismos estatais a cobrar do erario público , e mon os meto a todos no mesmo saco que conste , a xustiza para quen a mereza.

2 MafioConde

Anónimo, tes a mesma capacidade de razocinio que os que van de Gris, ui de Azul quería dicir..

3 Tobías

O que queiras. O que está claro é que o axente non quere identificarse cando debe facelo. Primeiro fai coma que non o e e tenta afastarse; despois marcha a paso lixeiro; deféndeno os compañeiros (que si se identifican, asumindo que están obrigados e evidenciando máis a infracción do seu compañeiro). Finalmente volve todo cabreado, recita o seu número e só o mostra cando llo pide a rapaza, ao tempo que DE FORMA EVIDENTE vincula a sanción que vai "propoñer" ao feito de ter sido obrigado a identificarse. Un comportamento deplorable e claramente ilegal. Se a policía obra correctamente non debe temer identificarse. O mesmo que os cidadáns.

4 Raul

Pobriños...!!é o problema de non valer para outra cousa que para mercenarios-mamporreiros do Ministerio do Interior...Estes o único Libro que leron na súa vida é o de familia..Dívolo un Inspector de Homicios na reserva

5 returco

Si que agora é preceptivo pasar por Harward, e ofrecer café con churros, verdade señor inspector da silveira?