O cribado entre os xornaleiros da vendima identifica sete positivos

Técnicos da Xunta controlarán un ano máis a rastrexabilidade da vendima nas cinco denominacións de orixe de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O programa de cribado preventivo posto en marcha para os xornaleiros que nas próximas semanas participarán na vendima galega detectou sete casos positivos de COVID-19 de entre as 1.504 realizadas.

Así o explicou este xoves o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, durante a presentación do plan de control da vendima 2020, que este ano se desenvolverá entre medidas especiais de protección para evitar os contagios por COVID-19.

O presidente do Consello Regulador de Rías Baixas, tamén presente no acto, comentou que nesta Denominación de Orixe xa se está vendimando nunhas 20 adegas, aínda que a maioría empezarán este luns, así como que se espera unha "boa colleita en cantidade e calidade". Idéntica previsión, segundo engadiu o conselleiro, para o resto de Denominacións.

Juan Gil de Araújo comentou que o efecto no mercado da crise da covid non afectou en vendas aos viños de Rías Baixas, segundo os datos que manexa este Consello Regulador, "terminamos a campaña cunha redución do 12,5%" tendo en conta que en 2019-2020 a cantidade cultivada foi menor. "O dano realmente desde o punto de vista da cualificación non é moi importante", valorou.

PLAN DE CONTROL

José González e Juan Gil de Araújo presentaron este xoves en Pontevedra o Plan de control da vendima 2020 no cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia, no que, por segundo ano consecutivo, 15 técnicos da Xunta supervisarán a uva que entra nas adegas e a que leira pertence, un labor que "non suple senón que complementa e apoia os plans de control que teñen todas as Denominacións de Orixe", precisou José González.

Marqués de Vizhoja pon en marcha un protocolo de seguridade durante a vendima.. MARQUÉS DE VIZHOJA
Marqués de Vizhoja pon en marcha un protocolo de seguridade durante a vendima.. MARQUÉS DE VIZHOJA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta